Día da Constitución de Noruega

O Día da Constitución de Noruega conmemórase cada ano o 17 de maio en memoria da sinatura polos membros da Riksforsamlingen da Constitución de Noruega en Eidsvoll o 17 de maio de 1814. É a festa Nacional de Noruega e celébrana tamén os noruegueses residentes no estranxeiro.

17 de maio de 1893, pintando por Christian Krohg.
Desfile dos scouts o 17 de maio de 2005
Desfile de nenos
Banda da Garda da Súa Maxestade
Desfile pasando polo Palacio Real

Historia editar

O Storting celebrou institucionalmente por primeira vez o 17 de maio en 1836 pero se estima que a primeira conmemoración que se celebrou foi en 1815 en Trondheim por iniciativa de Matthias Conrad Peterson, espontáneamente tamén se celebrou en Oslo para conmemorar o décimo aniversario en 1824, o que se viu como unha provocación para a familia real sueca e Suecia por canto o príncipe herdeiro Óscar estaba visitando a cidade e a celebración chegou a se prohibir formalmente. En 1828 prohibiuse expresamente celebrar o 17 de maio. En 1829 con motivo de aportar a Oslo o barco DS Constitutionen moitos cidadáns achegáronse espontanemente ó porto para recibilo como xeito de conmemorar a constitución, o gobernador sueco da cidade lanzou á cabalería contra a poboación. Desde 1844 a celebración realízase sen trabas.

O primeiro desfile oficial dos nenos das escolas, unhas das tradicións deste día, foi en 1870 en Oslo por iniciativa do escritor Bjørnstjerne Bjørnson, aínda que a idea fora da escola Peter Qvam que o ano anterior realizara un desfile con nenos. As nenas tiveron que agardar ata 1889. A partir do 17 de maio de 1906 a familia real norueguesa cumprimenta os raparigos cando pasan polo Palacio Real, costume que só se interrompeu en 1910 pola morte de Eduardo VII, pai da raíña Maud e en 1940-1945.

Tradicións actuais editar

O carácter da Festa Nacional de Noruega é moi diferente a como se celebra noutros países, non hai paradas militares e son os nenos e mozos levando bandeiras nacionais os que desfilan polas cidades norueguesas, ata o punto que popular se coñece tamén o día como barnas dag, día do neno, ademais da Constitución desde 1905 festéxase tamén á familia real. Ademais do himno nacional, Ja, vi elsker dette landet as bandas tocan este día o Norge i rødt, hvitt og blått, o himno real Kongesangen e algunhas outras cancións patrióticas, antigamente tamén a canción Sønner av Norge, pero hoxe apenas soa. Despois dos desfiles nas escolas organizan xogos para os nenos e nenas, onde tamén participan os pais. É costume que tanto os nenos dos desfiles como moita outra xente leve nese día bunad (traxes típicos baseados na roupa tradicional dos noruegueses). En cada concello existe un comité do 17 de maio (17. mai-komitè) que organiza as actividades relacionados coa festa nacional no municipio.

Os mozos de instituto (russ) teñen a súa propia celebración, levando puchas vermellas.