Día Mundial contra o Traballo Infantil

O Día Mundial contra o Traballo Infantil foi instaurado pola Organización Internacional do Traballo (OIT) en 2002 para concentrar a atención no traballo infantil a nivel mundial e nas accións necesarias para a súa erradicación. Cada 12 de xuño esta celebración conta coa participación da sociedade civil, medios de comunicación,sindicatos, patronais e outros axentes das distintas administracións.[1]

Krishna Tirath, ministra de estado da India durante o seu discurso no Día Mundial contra o Traballo Infantil 2013

No ano 2020 este día de concienciación puxo o foco na crise xerada pola Pandemia por coronavirus de 2019-2020 e o seu impacto na infancia. Estimacións deste mesmo ano indicaban que no mundo 152 millóns de nenos traballaba e 7,2 millóns deles facíano en traballos con riscos para a saúde.[2]

Notas editar

  1. "Día Mundial contra el Trabajo Infantil, 12 de junio". www.un.org (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2020. 
  2. "COVID-19: Protect children from child labour, now more than ever! (IPEC)". www.ilo.org (en inglés). Consultado o 25 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar