Día Internacional para a Tolerancia

(Redirección desde «Día Internacional da Tolerancia»)

O Día Internacional para a Tolerancia é unha celebración instituída pola Organización das Nacións Unidas (ONU) en 1996 que se celebra o 16 de novembro de cada ano.

Historia editar

En 1995, por iniciativa da UNESCO (axencia da ONU), celebrouse o Ano das Nacións Unidas para a Tolerancia. Un ano despois, o 12 de decembro de 1996, a Asemblea Xeral da ONU convidou os Estados membros a instituír esta efeméride e a realizar actos a favor da tolerancia, conforme recolle a resolución 51/95 das Nacións Unidas [1].

Notas editar

  1. Resolución 51/95 na web da ONU, consultado o 8 de febreiro de 2012

 
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.