Década de 880
Primeiro milenio | |||||
Século IX | |||||
| |||||
|
880
- Artigo principal: 880.
- Fundación do mosteiro de Montserrat, en Cataluña.
- Iniciase o goberno episcopal de Sisnando na diocese de Santiago de Compostela (até 920).
881
- Artigo principal: 881.
- Radelchis II convértese en príncipe de Benevento.
- 27 de abril: Asemblea en Braga, no Norte de Portugal, para fixar os límites da sede. Asistiron á mesma xentes procedentes de Lugo e das terras litorais comprendidas entre o río Tambre e o Ulla.
882
- Artigo principal: 882.
- Oleg de Novgorod, unifica Rusia ou reino de Rus, ao axuntar o reino de Novgorod e o de Kíiv. Traslada a capital para Kíiv. Goberna até 912.
- 5 de agosto - Carlos o Gordo, soberano único do reino oriental dos francos, ao iren falecendo os eus irmáns (até 888).
- 16 de decembro - Mariño I, sucede como papa a Xoán VIII (até 884).
883
- Artigo principal: 883.
- O rei de Galicia Afonso III asina un tratado de paz co emirato de Córdoba.
- Hermenexildo Guterrez é nomeado mordomo de palacio de Afonso III.
Europa
- O principado de Balatón é conquistado polo rei Svatopluk I da Grande Moravia
Asia
- Al-Muwaffaq, medio irmán do califa Al-Mutamid reprime a revolta dos zanj (ou zenj), escravos negros das plantacións en Iraq. Toma tamén a súa capital Al-Muktara (« a elixida »).
884
- Artigo principal: 884.
- Aiulfo II convértese en príncipe de Benevento tras enviar ao exilio a Radelchis II.
885
- Artigo principal: 885.
- Asemblea de Ponthion: os magnates francos escollen como rei a Carlos o Gordo, fillo de Luís o Xermano, emperador alemán. Con esta decisión o reino dos francos volve a recobrar a unión e a extensión que tivera en tempos de Carlomagno.
- 28 de novembro: os viquingos inician o asedio de París, que manterán até outubro do 886.
- Vifredo o Veloso, conde de Barcelona, funda o mosteiro de Sant Joan de les Abadesses.
- Estevo VI sucede a Hadrián III no pontificado romano.
- Alfredo o Grande faise con Londres.
886
- Artigo principal: 886.
- 29 de agosto: León VI, accede ao trono imperial bizantino.
- Alfredo, rei de Wessex, Gran Bretaña, conquista Londres.
- Al-Mundir, novo emir de Córdoba, no Al-Andalus (até 888).
- Rebelión de Ibn Marwan al-Yalliqí (é dicir Ibn Marwan o Galego), que logrou crear un principado, independente de Córdoba, arredor de Badaxoz (886-929).
887
- Artigo principal: 887.
- Dieta de Tribur : Carlos III o Gordo é obrigado a abdicar polos magnates do reino franco occidental, sendo elixido novo rei Arnulfo de Carintia.
- Atenulfo I convértese en príncipe de Capua.
- O dux Witiza inicia unha revolta contra Afonso III, rei de Galiza.
888
- Artigo principal: 888.
- 22 de xaneiro: Guido de Spoleto pasa a ser rei de Italia.
- 29 de febreiro: Comezo do reinado de Eudes, rei de Francia (até 898).
- A cidade de París resiste un ataque dos viquingos.
- Abdallah ibn Muhammad inicia o goberno no emirato de Córdoba, no Al-Ándalus (até 912).
889
- Artigo principal: 889.