Década de 480
Primeiro milenio | |||||
Século V | |||||
| |||||
|
480
- Artigo principal: 480.
- Gundobado, rei dos burgundios, inicia o seu mandato (até 516).
- Seinei tórnase no 22º emperador do Xapón.
481
- Artigo principal: 481.
482
- Artigo principal: 482.
Asia
- Comeza o reinado do emperador chinés Wu (até 493) dos Qi Meridionais, sucedendo a Gao.
Europa
- Clodoveo I, príncipe merovinxio, sucede a seu pai Khilderico I, no trono dos francos. Fundará o gran reino franco.
Mundo Mediterráneo
- Zenón, emperador de Bizancio, emite o Henotikon, que tencioa concordar católicos e monofisitas.
483
- Artigo principal: 483.
- 13 de marzo - Inicio do pontificado de Fiz III (até 492).
- Fracaso da tentativa para depor o emperador de Bizancio, Zenón, en favor do xeneral Leoncio (Leontius). Na intriga figuran implicados o xeneral Illus e a sogra de Zenón, Verina. O motivo do movemento aduce as inclinacións a prol do monofisismo, de Zenón.
- O emperador bizantino, Zenón, pecha a escola nestoriana de Edesa. O clero nestoriano fundará unha igrexa nacional en Ctesifonte, capital da Persia dos sasánidas.
484
- Artigo principal: 484.
- Ante as persecucións dos católicos polo rei vándalo, Hunerico, a poboación de Tipassa (Tefessad, hoxe Alxeria) embarca e foxe a Hispania, segundo a testemuña de Vítor de Vita.
- Iníciase o reinado de Guntamundo, soberano dos vándalos (até 496)
- 28 de decembro - Alarico II sucede a Eurico no trono visigodo
485
- Artigo principal: 485.
Asia
486
- Artigo principal: 486.
- O rei franco Clodoveo I vence ao romano Siagrio.
487
- Artigo principal: 487.
Asia
Europa
- O rei dos hérulos, Odoacro vence e captura ao rei dos ruxios, Feuva, nas beiras do río Danubio.
488
- Artigo principal: 488.
Asia
Mediterráneo Oriental
- Zenón é reinstaurado no trono do imperio bizantino logo da tentativa para derrocalo do usurpador Leoncio II, que foi executado.
Europa
- Teodorico o Grande tórnase rei dos ostrogodos. No mesmo ano invade Italia.
- Oisc ascende ao trono de Kent, Gran Bretaña, sucedendo a seu pai Hengist.
- Os xépidos toman Belgrado, nos Balcáns.
489
- Artigo principal: 489.
- Odoacro, rei dos hérulos, é vencido Adigio (28 de agosto), e logo en Verona (30 de setembro) por Teodorico I, rei dos ostrogodos, que domina o Norte de Italia.
- Os lombardos estabelécense nas chairas da Panonia.