Década de 300
Primeiro milenio | |||||
Século III | |||||
| |||||
|
300
- Artigo principal: 300.
Europa
- Os francos ocupan o territorio dos bátavos
- Constrúese o Palacio de Diocleciano en Spalato (Split)
- Constrúese a Muralla de Diocleciano en Palmira
- Arnobio escribe Adversus nationes contra o paganismo
- Lactancio convértese ao cristianismo
- Data aproximada do Codex Vaticanus e do Codex Sinaiticus, manuscritos da Biblia en grego
Oriente Próximo
- Triridato III, convertido por Gregorio o Iluminador, fai de Armenia o primeiro país en proclamar o cristianismo como relixión oficial
- Pedro de Alexandría é nomeado Patriarca de Alexandría (até 311)
India
- Recóllense as fábulas e contos do Panchatantra
América
- Establécese a civilización maia no actual Belize.
Afastado Oriente
301
- Artigo principal: 301.
Asia
- Sima Lun usurpa brevemente o trono chinés da dinastía Jin.
Imperio romano
- Diocleciano manda publicar un Edicto sobre prezos (Edictum de pretiis rerum venalium), que tenta fixalos ante a crecente inflación.
302
- Artigo principal: 302.
- O xa persa Narseh abdica a favor do seu fillo Hormizd II, que inicia o seu goberno (até 309).
303
- Artigo principal: 303.
- 23 de febreiro - Edicto que inicia a persecución do cristianismo polo emperador Diocleciano.
304
- Artigo principal: 304.
- Novo edicto relixioso do emperador Diocleciano, polo que se exhortaba a todos os habitantes do Imperio romano a efectuar sacrificios aos deuses. A negativa a facelo podía conducir á morte.
- Período cenital da persecución dos cristiáns decretada por Diocleciano en 303. Entre os martirizados neste ano e canonizados cóntanse: san Vito, S. Floriano, santa Inés, santa Lucía, san Pancracio, santa Eulalia de Mérida, san Vicente de Zaragoza, san Vítor, san Modesto, santa Ágape etc.
Arte e cultura
- Construción do arco de Diocleciano en Roma.
305
- Artigo principal: 305.
- O emperador romano Diocleciano divide Hispania en seis provincias: Gallaecia, Lusitania, Bética, Tarraconense, Cartaxinense e Mauritania Tinxitana.
- 1 de maio - Os emperadores Diocleciano e Maximiano, abdican voluntariamente.
- Constancio I Cloro e Galerio son declarados augustos; Flavio Valerio Severo e Maximino Daia son proclamados césares.
- A capital occidental do imperio romano é trasladada de Roma a Milán.
Arte e cultura
- Construción do arco de triunfo de Galerio,en Tesalónica.
306
- Artigo principal: 306.
Asia
- Finaliza a guerra dos oito príncipes na China.
Imperio Romano
- Con ocasión do falecemento de Constancio I Cloro, a fins de xullo, as tropas das Galias declararon augusto a Constantino I (até 337); mentres, xa no 25 de outubro, os pretorianos, en Roma, proclamaban emperador a Maxencio (até 312). Ambos pasaron a disputar o Imperio Romano de Occidente.
307
- Artigo principal: 307.
308
- Artigo principal: 308.
- Unha reunión imperial en Carnuntum, as beiras do Danubio nomea a Licinio, augusto de Occidente.
- Iníciase o pontificado de Marcelo I (até 309), logo dun longo interregno.
Arte e cultura
- Comeza a construción da basílica de Maxencio en Roma.
309
- Artigo principal: 309.
Asia