Década de 1560
Década do século XVI
Segundo milenio | |||||
Século XVI | |||||
| |||||
|
1560
- Artigo principal: 1560.
- Jean Nicot introduce o tabaco na corte de Francia.
- Proclámase a bula da creación do Concilio de Trento.
1561
- Artigo principal: 1561.
América
- Batalla de Lomaco - Tropas españolas vencen aos mapuches, resultando morto na loita o xefe destes, Colocolo.
- Venezuela, fundación da cidade de San Cristóbal por Juan Maldonado.
Europa
1562
- Artigo principal: 1562.
América
- 13 de xuño, fundación da cidade de San Xoán na Arxentina.
Europa
- Tareixa de Xesús comeza as reformas na orde do Carmelo.
- Implántase a Inquisición en Galiza e O Bierzo, aínda que non comeza a actuar até 1575.
Arte e cultura
1563
- Artigo principal: 1563.
- 4 de decembro clausúrase oficialmente o Concilio de Trento (iniciado 13 de decembro de 1545).
- Establecemento oficial da Igrexa anglicana.
- 8 de xullo: Fundación da Vila de Victoria de Durango, no "Val do Guadiana" por Francisco de Ibarra no que hoxe é o estado de Durango, México.
Arte e cultura
- Voda de Caná, pintura de Paolo Veronese (hoxe no Museo do Louvre, París)
1564
- Artigo principal: 1564.
1565
- Artigo principal: 1565.
Asia
- 26 de xaneiro - Batalla de Talikota - O raja hindú de Vijayannagar é derrotado por sultáns musulmáns. Como consecuencia derrúmbase o reino hindú e propíciase a penetración islámica.
América
- 1 de marzo - Fundación da cidade do Río de Xaneiro.
- 28 de agosto - Os españois fundan San Agustín, na Florida.
Europa
- 18 de maio - Os turcos asedian Malta ("Grande asedio de Malta").
Arte e cultura
- Pieter Brueghel o Vello pinta unha serie de cinco cadros co título de "As estacións do ano".
- En Venecia comeza a construción da igrexa de San Giorgio Maggiore, obra do arquitecto Palladio.
1566
- Artigo principal: 1566.
- Insurrección nos Países Baixos.
- Motín na cidade galega da Coruña contra as levas de homes para a guerra contra Portugal.
Arte e cultura
- Comeza a usarse o Nosopai como oración.
Ciencia e tecnoloxía
1567
- Artigo principal: 1567.
- 1 de xaneiro, Pragmática de Filipe II contra a actitude levantisca dos mouros na Granada, orixe da guerra das Alpujarras.
1568
- Artigo principal: 1568.
Europa
- 23 de maio - Batalla de Heiligerlee na Provincia de Groningen, coa que comeza a Guerra de Flandres.
- 24 de decembro - Estala a rebelión mourisca de As Alpuxarras (Granada e Málaga).
Oceanía
- O navegador español Álvaro de Mendaña descobre as illas Salomón.
Economía
- O francés Jean Bodin publica "Réponse aux Pardoxes de M. de Malestroit", obra na que tenta explicar o fenómeno da alza dos prezos, a inflación, que atribúe á baixada do valor da moeda, causada polo exceso de metais preciosos traídos de América.
1569
- Artigo principal: 1569.
- 1 de xullo - A Unión de Lublín une o reino de Polonia e o Gran Ducado de Lituania nun único estado.