D'arcy Wretzky
D'arcy Elizabeth Wretzky-Brown, nada en South Haven (Míchigan) o 1 de maio de 1968, é unha baixista estadounidense, membro da banda de rock The Smashing Pumpkins dende a súa formación en 1987 ata o ano 1999. Á parte do baixo tamén sabe tocar o violín e o óboe.
D'arcy Wretzky | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | D'arcy Elizabeth Wretzky |
Alias | D'arcy |
Data nacemento | 1 de maio de 1968 (55 anos) |
Nado en | South Haven, Míchigan ![]() |
Ocupación | músico |
Xénero | rock alternativo |
Instrumento(s) | baixo, voz |
Relacionado con | The Smashing Pumpkins, Filter, Catherine |
Tempo en activo | 1988 - 1999 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria Editar
The Smashing Pumpkins Editar
A banda fundárona en 1988 Billy Corgan e James Iha. D'Arcy coñeceu a Billy Corgan á saída dun concerto de Dan Reed Network, e despois dunha discusión entre os dous sobre a banda, Corgan, impresionado pola súa actitude, decidiu fichala como baixista de The Smashing Pumpkins.
D'arcy saíu con James Iha entre 1988 e 1991, e a súa ruptura, no medio da xira de Gish, estivo tamén a piques de desfacer o grupo. Despois de 12 anos con The Smashing Pumpkins, Wretzky deixou a banda en 1999, despois da gravación de MACHINA/The Machines of God, para intentar unha carreira como actriz. Foi substituído por Melissa Auf der Maur, e en decembro do 2000, The Smashing Pumpkins fixo o seu derradeiro concerto antes de separarse oficialmente.
O 21 de xuño do 2005, Billy Corgan anunciou a reunión da banda, pero ata o momento non se sabe se D'arcy participará dos novos plans da banda.
Vida persoal Editar
Despois de romper con James Iha, casou con Kerry Brown (batería da banda Catherine) en 1993, e en 1999 acabaron divorciándose.
Foi arrestada o 25 de xaneiro do 2000 en Chicago despois de admitir que mercara tres bolsas de cocaína. Segundo a policía, axentes segredos observaron a Wretzky e a un acompañante entrar nun edificio na West Grand Avenue e pouco despois volveron ao seu coche. O condutor, identificado como Tony Young, comezou a conducir coas luces apagadas e realizou dous xiros ilegais antes de que a policía parase os parase. Cando os rexistraron, a policía atopou droga no peto de Young. O condutor insistiu que non eran súas, e dixo que D'arcy llas dera para que as gardase. No interrogatorio ela admitiu darlle as tres bolsas de plástico. A corte de xustiza condenouna a asistir a un programa de rehabilitación que completou satisfactoriamente, e os cargos foron levantados.
Dende que deixou a banda, D'arcy estivo vivindo en Watervliet, Míchigan. Ten unha granxa de cabalos e tres tendas de antigüidades. Un dos seus cabalos, "Jet Set Miss", foi aceptado no Arabian Horse Pilot Program en agosto do 2000 despois de pasar unha inspección en Romeo, Míchigan.