Custo de oportunidade

Custo de oportunidade é un termo que se utiliza en economía para indicar o custo de algo en termos dunha oportunidade á que se renuncia, é dicir, o custo da non realización dunha oportunidade, ou dito doutro xeito, o valor da mellor opción non realizada.[1]

Por exemplo, se un concello decide construír un hospital nunhas terras ermas que lle pertencen, o custo de oportunidade represéntase pola renuncia a edificar outros edificios nese terreo con ese mesmo capital investido, así como pola renuncia dos beneficios que outras opcións lle poderían dar ao lugar.

Notas editar

  1. Mochón Morcillo, Francisco (1995). Principios de economía (en castelán). Madrid: McGraw-Hill. p. 7. ISBN 84-481-0319-X.