Diego Antonio Cernadas Castro

(Redirección desde «Cura de Fruíme»)

Diego Antonio Cernadas y Castro, máis coñecido como O Cura de Fruíme, bautizado en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1702[1] e finado en Fruíme (Lousame) o 30 de marzo de 1777, foi un sacerdote e escritor galego en lingua galega e lingua castelá.

Infotaula de personaDiego Antonio Cernadas Castro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1702 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de marzo de 1777 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Fruíme, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalteoloxía
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , sacerdote católico Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoprosa e verso
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 32801 BNE: XX1206155

Traxectoria

editar

Foi fillo de Antonio Zernadas, escribán da Universidade de Santiago de Composela, e de María de Castro. Coma o seu pai, adoitaba escribir o seu primeiro apelido con zeta (Zernadas). Foi bautizado na Igrexa de San Frutuoso de Santiago. Estudou latín cos xesuítas, foi ordenado sacerdote e acadou o grao de bacharel en Teoloxía pola USC o 31 de xaneiro de 1729. Tomou posesión do curato de Fruíme con 28 anos, manténdose na parroquia ata a súa morte.

Escribiu obras en prosa e en verso na defensa de Galicia e das inxustizas en xeral. Foi arcipreste de Posmarcos de Arriba, gañou un premio poético en Murcia, e fomentou na parroquia o cultivo do millo. Escribiu obras de teatro sinxelas, coas que ensinaba a ler á veciñanza e explicaba algúns dos misterios da relixión.

 
Escultura do Cura de Fruime.
 
Obras do Cura de Fruíme no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón.

Os seus restos, atopados en 1958, consérvanse na capela das Dores da igrexa parroquial de San Martiño de Fruíme, baixo unha lápida cunha loanza dos veciños. Na súa honra leva o seu nome o CPI de Lousame, construído en 1977 no lugar da Silva.[2]

Logo da súa morte imprimíronse en Madrid as súas Obras (1778-1781), coleccionadas polos seus amigos en sete volumes.[3]

  1. Herrera Navarro, Jerónimo. "Diccionario Biográfico Español" (en castelán). Real Academia de la Historia. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2018. Consultado o 21 de setembro de 2018. 
  2. CPI plurilingüe Cernadas de Castro Xunta de Galicia.
  3. Ibarra, J., ed. (1988) [1778-1781]. Obras del cura de Fruíme. 7 vols. Lugo [Madrid]: Alvarellos. ISBN 84-85311-74-4. Arquivado dende o orixinal (facsímile) o 09 de febreiro de 2019. Consultado o 21 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar