Cunegunda de Luxemburgo

Cunegunda de Luxemburgo, nada en Luxemburgo ou no castelo de Gleiberg ca. 975 e finada na Abadía de Kaufungen o 3 de marzo de circa 1040, foi a esposa do emperador Henrique II do Sacro Imperio Romano Xermánico, que, como ela, foi canonizado. É venerada como santa pola igrexa católica.

Cunegunda de Luxemburgo
Kunigunde.png
Nacemento978
 County of Luxembourg
Falecemento3 de marzo de 1039
 Kaufungen Abbey
SoterradaCatedral de Bamberg
NacionalidadeCounty of Luxembourg
RelixiónIgrexa católica
OcupaciónFreira e raíña
PaiSiegfried do Luxemburgo
NaiHedwig of Nordgau
CónxuxeHenrique II do Sacro Imperio Romano Xermánico
IrmánsLutgardis of Luxemburg, Henrique I do Luxemburgo, Frederico do Luxemburgo, Dietrich I of Hamelant, Adalbero von Luxemburg e Giselbert
Schriftzug Kunigunde auf Urkunde.png
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Os seus pais foron Siegfried I, primeiro conde de Luxemburgo (922-998) e Eduvixis de Nordgau (ca. 935-992). En 998 casou con Henrique IV, duque de Baviera, que se converteu en emperador como Henrique II do Sacro Imperio Xermánico. Á morte de Otón III sen herdeiros, Henrique foi coroado rei de Alemaña en 1002 e dous meses despois Cunegunda foi coroada raíña en Paderborn. Segundo unha tradición non confirmada, de acordo co seu marido, fixeron votos de virxindade, polo que non tiveron descendencia. Probabelmente Henrique, ao notar a esterilidade de Cunegunda, non quixo repudiala[1] polo amor que lle tiña e renunciou a ter fillos para vivir con ela. De aí naceu a crenza de que a falta de descendencia fora voluntaria, facendo unha especie de "matrimonio espiritual".

Foi moi activa en política, asesorando ao seu marido e participando nos consellos do Imperio. En 1014, foi con Henrique II a Roma, onde foron coroados emperadores polo papa Bieito VIII. Cando Henrique morreu en 1024, Cunegunda foi rexente, xunto ao seu irmán, ata que Conrado II foi elixido sucesor.

Xa retirada do goberno, en 1025 retirouse á abadía de Kaufungen, un convento de monxas beneditinas que ela mesma fundara en Kaufungen (Hessen). Morreu alí sobre 1040, sendo enterrada co seu marido na catedral de Bamberg.

Foi canonizada por Inocencio III o 29 de marzo de 1200.

LendasEditar

Cunegunda adormecera mentres lía a Biblia unha noite; cando espertou estaba rodeada de lapas, xa que a candea prendera nalgunha roupa da habitación. Entón fixo o sinal da cruz e as lapas desapareceron.

Uns cortesáns calumniadores acusárona de conduta escandalosa; ao negalo, quixo someterse a unha ordalía ou xuízo de Deus: pasou camiñando, descalza, sobre uns ferros ardentes, sen sufrir dano ningún, con gran ledicia por parte do seu marido, o emperador[2].

NotasEditar

  1. O dereito familiar xermánico permitíalle facelo.
  2. "Lives of the Saints: For Every Day of the Year" edited by Rev. Hugo Hoever, S.O.Cist., Ph.D., New York: Catholic Book Publishing Co., (1955), p. 93

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar