Culler de Casagrande

instrumento de medición utilizado en xeotecnia e enxeñaría civil, para determinar o límite de liquidez dun terreo

A culler de Casagrande, tamén chamada copa de Casagrande, é un instrumento de medición utilizado en xeotecnia e enxeñaría civil, para determinar o límite de liquidez dun terreo. Foi inventada por Arthur Casagrande.

Estrutura e uso editar

O instrumento está composto dun casquete esférico de metal, fixado no extremo dun dispositivo que mediante a operación dunha manivela produce a elevación do casquete e a súa subsecuente caída, producindo así un choque controlado contra unha base tamén metálica. O terreo mesturado uniformemente con auga é colocado na parte do casquete metálico oposta ao punto fixo e dáselle forma cun padrón que deixa no centro unha rañura uniforme. A cada volta de manivela prodúcese un golpe no casquete que tende a facer deslizar o solo humidificado xuntando os bordos da rañura.

Límite de liquidez editar

O límite de liquidez defínese como o contido en auga do terreo en correspondencia, no cal o suco practicado se pecha nun tramo de 12 mm despois dunha secuencia de 25 golpes.