Abrir o menú principal

Coordenadas: 43°33′47.03″N 6°8′44.66″O / 43.5630639, -6.1457389

Cuideiru (en castelán: Cudillero) é un porto pesqueiro[2] e concello da Comarca de Avilés, no Principado de Asturias.[3] A súa poboación en 2014 era de 5 369 habitantes (2 665 homes e 2 704 mulleres).[4]

Cuideiru
Flag of cudillero.png
Escudo de Cudillero.svg
Cudillero Asturias.jpg
Cuideiru
Localización
Cuideiru en Asturias
Cuideiru
Cuideiru
Localización de Cuideiru en Asturias.
PaísEspaña España
Comunidade aut.Principado de Asturias
ComarcaComarca de Avilés
Xeografía
Altitude2 msnm
Superficie100,78 km²
Demografía
Poboación5 369
Densidade53 h/km²
Outros datos
Código postal33150 ao 33159
AlcaldeIgnacio Escribano (PP) [1]
Cudillero.es

Índice

XeografíaEditar

Está situado á beira do Mar Cantábrico, a 55 km ao noroeste de Oviedo e ao oeste de Xixón. Na capital do concello as casas están distribuídas en chanzos, dende o mar ata o monte.

DemografíaEditar

 
Fonte: Instituto Nacional de Estatística.

CulturaEditar

 
Igrexa de San Martín de Luiña, BIC.

PatrimonioEditar

Destacan o conxunto histórico de Cuideiru, a igrexa de Santa María e a casa reitoral de Soto de Luiña, antigo hospital de peregrinos, así como a igrexa de San Martín de Luiña, en Escalada, todos eles catalogados como bens de interese cultural.

Outros monumentos históricos son a capela do Humilladero, gótica, moi reformada. No palacio de La Quinta de Selgas, do século XVI,[5] en Selgas de Abajo, El Pito, Piñera, está o museo homónimo, que alberga pinturas de Goya, El Greco, Luca Giordano, Corrado Giaquinto e Vicente Carducho.[6]

EconomíaEditar

Os principais recursos son o turismo e a pesca[3] e a industria conserveira.[2]

Política e gobernoEditar

A corporación local, formada por 5 concelleiros do PP, 5 do PSOE, 1 da FAC, 1 de SOMOS e 1 de Veciños por Cuideiru, está presidida polo popular Ignacio Escribano Fernández.[1]

Galería de imaxesEditar

Igrexa de Santa María, BIC
Casa reitoral de Soto de Luiña, BIC. 
La Quinta de Selgas. 
Capilla del Humilladero. 

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Composición da corporación local
  2. 2,0 2,1 "Cudillero" en Nuevo Diccionario Enciclopédico Ilustrado, t. 2. p. 680, Durvan, Bilbao.
  3. 3,0 3,1 "Cudillero" en DEGU, t. 19, p. 101.
  4. Instituto Nacional de Estadística (INE).
  5. Microsoft Encarta, 2009, (DVD).
  6. Fundación Selgas Fagalde

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar