Cucharada foi un grupo de rock madrileño de finais da década de 1970. Contaban cunha posta en escena moi teatral e as súas letras tiñan un alto contido de crítica á sociedade civil da época.

Cucharada
OrixeMadrid, Comunidade de Madrid , España
Período19771981
Xénero(s)Rock
Selo(s) discográfico(s)Zafiro Chapa Discos
Ariola
MembrosManolo Tena
Antonio Molina
Jesús Vidal
José Manuel Díaz
Na rede
Spotify: 4iO584rKVaqvGuB0UlA8KD Last fm: Cucharada Musicbrainz: bfc67d2b-f3e2-45c7-bf03-16bf7e8ae7ef Discogs: 1404992 Allmusic: mn0000523870 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Comezaron tocando no Metro de Madrid e grazas ao colectivo artístico Lacochu lograrían participar no disco colectivo Viva el rollo co tema "Social peligrosidad", unha canción con implicacións de denuncia social. O 5 de xuño de 1978 publicábase o correspondente single. Tres meses despois, en setembro de 1978, actuaban por primeira vez no Festival de Rock en Madrid, xunto a outros grupos tamén debutantes coma Leño ou Coz.[1]

Teddy Bautista produciu o seu primeiro LP, titulado El limpiabotas que quería ser torero (1979), e que contou con colaboracións como as de Hilario Camacho e Moncho Alpuente. Foi precisamente 1979 o seu ano de maior esplendor, con múltiples actuacións en salas madrileñas e boa acollida por parte da crítica, que se expresaba nos seguintes eloxiosos termos: Representan a nova onda do rock madrileño e, pese á súa xuventude, conseguen realizar xa moi boas cousas [2]. Nos anos seguintes continuaron a súa marcha polos escenarios madrileños, e en xullo de 1981 foron abreconcertos de Chuck Berry.

De estética rompedora e cualificados coma grupo underground [3], con influencias de Led Zeppelin, souberon facerse un lugar no entón incipiente movemento cultural chamado Movida madrileña, chegando a ser cualificados pola crítica coma Un dos máis respectados de Madrid, grazas á súa posta en escena e á súa competencia [4].

Con todo, nunha época de enorme efervescencia musical en Madrid, os grupos non adoitaban durar demasiado tempo, e Cucharada non foi unha excepción. Pouco despois da entrada de Jaime de Asúa na banda [5], e editar un novo sinxelo chamado Quiero bailar Rock And Roll terminarían disolvéndose en 1981, aínda que algúns dos seus compoñentes integráronse nun novo grupo chamado Alarma!!!.

Membros editar

Discografía editar

Álbums editar

Sinxelos editar

  • Social peligrosidad - (1978)
  • Quiero bailar Rock And Roll - (1980)

Notas editar

  1. www.elpais.com
  2. www.elpais.com
  3. "www.manolotena.com". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2008. Consultado o 14 de maio de 2008. 
  4. www.elpais.com
  5. "Perfil en MySpace". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2007. Consultado o 14 de maio de 2008. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar