Cuadrilla de Añana

Comarca de Áraba

A Cuadrilla de Añana (en éuscaro: Añanako Kuadrilla) é unha das sete comarcas ou cuadrillas do territorio histórico de Áraba, no País Vasco.

Modelo:Xeografía políticaCuadrilla de Añana

Localización
Mapa
 42°46′17″N 2°55′08″O / 42.7714, -2.91879Coordenadas: 42°46′17″N 2°55′08″O / 42.7714, -2.91879
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco
ProvinciaÁraba Editar o valor em Wikidata
CapitalRibabellosa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Sitúase ao suroeste da provincia de Áraba, cunha superficie de 718,3 km² e unha poboación de 8.726 habitantes (2010) e inclúe os municipios de Añana, Armiñón, Berantevilla, Erribera Beitia, Erriberagoitia, Gaubea, Iruña Oka, Kuartango, Lantarón e Zambrana. A sede das institucións comarcais atópase na poboación de Rivabellosa no municipio de Erribera Beitia, aínda que o municipio máis poboado é Iruña de Oca con máis do 30% da poboación.

Concellos editar

Concello Extensión
(km²)
Poboación (2010)
(hab.)
Densidade
(hab./km²)
Añana 21,92 175 7,98
Armiñón 10,6 225 21,23
Berantevilla 35,73 499 13,97
Erriberagoitia / Ribera Alta 119,78 750 6,26
Iruña Oka / Iruña de Oca 53,25 2.973 55,83
Kuartango 84,39 335 4,21
Lantarón 61,77 957 15,49
Ribera Baja / Erribera Beitia 27,74 1.303 46,97
Valdegovía / Gaubea 244,06 1.106 4,53
Zambrana 39,51 383 9,69
698,75 8.706 12,46

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar