Cruzando a escuridade

filme de 1995 dirixido por Sean Penn

Cruzando a escuridade (en inglés: The Crossing Guard) é un filme estadounidense de 1995 coproducido, escrito e dirixido por Sean Penn. Está protagonizado por Jack Nicholson, David Morse, Robin Wright e Anjelica Huston. Foi o derradeiro filme con banda sonora de Jack Nitzsche. Conta a historia de Freddy Gale, un home que foi atormentado durante máis de cinco anos pola morte da súa filla nun accidente automobilístico. Cando se entera de que o responsábel da súa morte vai saír do cárcere, decide buscar vinganza.

Cruzando a escuridade
Ficha técnica
Título orixinalThe Crossing Guard
DirectorSean Penn
ProdutorSean Penn
David S. Hamburger
GuiónSean Penn
IntérpretesJack Nicholson
David Morse
Robin Wright
Anjelica Huston
MúsicaJack Nitzsche
FotografíaVilmos Zsigmond
MontaxeJay Cassidy
DistribuidoraMiramax Films
Estrea 16 de novembro de 1995
Galicia 19 de febreiro de 2000 (TVG)
Duración111 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento9 millóns de dólares
Recadación868 979 dólares
Na rede
http://www.miramax.com/movie/the-crossing-guard
IMDB: tt0112744 Filmaffinity: 253810 Allocine: 13364 Rottentomatoes: m/crossing_guard Mojo: crossingguard Allmovie: v135058 TCM: 71905 Metacritic: movie/the-crossing-guard TV.com: movies/the-crossing-guard Netlix: 408668 Editar o valor en Wikidata

O filme estreouse o 16 de novembro de 1995, e recibiu polo xeral valoracións positivas. Malia as boas críticas, foi un fracaso comercial, recadando só 869 000 dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 9 millóns de dólares.

Estreouse en galego o 19 de febreiro de 2000 na TVG.[1]

Personaxes

editar
  1. ABC hemeroteca (ed.). "Cruzando a escuridade na TVG". Consultado o 12 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar