Cruceiro do Cubeliño
construción relixiosa en Taragoña, Rianxo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O cruceiro de Cubeliño é un cruceiro situado na aldea do Cubeliño, na parroquia de Taragoña (Rianxo).
Cruceiro do Cubeliño | |
---|---|
Presentación | |
Localización | Rianxo |
Dirección | Taragoña |
Tipo | Cruceiro de capela |
Descrición
editarPosúe unha plataforma e pedestal cuadrangulares, o seu fuste é de sección circular cadrado na base, o capitel é cilíndrico co ábaco de lados curvos e vértices agudos, decorado con volutas, follas de bordos lobulados e caras. A cruz é de sección octogonal con remates florenzados, cun Cristo Crucificado coas mans abertas, coroa de espiñas e pergameo de INRI. A Virxe atópase co Neno no reverso, coroada sobre peaña de querubín. Un dos brazos da cruz está rachado.