Cruceiro Miguel de Cervantes

O Cruceiro Miguel de Cervantes foi un buque lixeiro da Armada Española, botado en Ferrol en 1930 e retirado en 1964. Recibiu o seu nome do escritor Miguel de Cervantes Saavedra.

Características

editar

O cruceiro tiña 172,62 metros de eslora, 16,61 m de babor a estribor e 5,03 m de calado. Fornecido con distintos tipos de canóns e con capacidade para unha tripulación de 566 mariñeiros, o Miguel de Cervantes era moi semellante a dous buques do seu tempo, o Almirante Cervera e o Galicia.

Propaganda franquista

editar

Foi un dos barcos utilizados para desembarcar soldados españois nas costas africanas durante a guerra de Ifni. Nos medios de comunicación correron noticias que participara en bombardeos da costa africana e que sufrira estragos, pero iso foron falsidades creadas polo réxime franquista[Cómpre referencia]. Neses momentos o cruceiro Miguel de Cervantes tiña a súa base en Cartagena.