Cromatismo (música)

música

Cromatismo é un termo musical que fai referencia ao uso das notas intermedias da escala ou semitóns, que na música diatónica permanecen "fixos" na súa posición: mi-fa, si-do. O cromatismo afecta á estrutura melódica e dá lugar ás chamadas notas alteradas (bemol, sostido), que teñen importancia como efectos expresivos.[1][2]

Cuarta cromática: lamento baixo baixo en Dm (D–C–C()–B–B–A).

Etimoloxía editar

O termo "cromatismo" vén do latín chromatĭcus e este á súa vez do grego χρωματικός [kromatikós][3] e significa literalmente "efecto da cor".

Historia editar

Os romanos analizaban os xéneros usando poucos termos, entre eles diatónico, enharmónico e cromático, sendo o último coa cor entre os tres outros tipos que foron considerados como modos a cor. O xénero cromático contiña unha terceira menor na parte superior e dous semitóns na inferior creando unha cuarta xusta nos extremos. Con todo, o termo máis próximo usado polos gregos para o noso uso moderno de «cromático» é pyknon ou a densidade («condensación») dos xéneros cromáticos ou enharmónicos.

A medida que a tonalidade comezou a expandirse durante a segunda metade do século XIX, con novas combinacións de acordes, tonalidades e harmonías que se empregaban, a escala cromática e o cromatismo comezaron a usarse máis frecuentemente, en especial nas obras de Richard Wagner, tales como a ópera Tristan und Isolde. O incremento do cromatismo é a miúdo citado como unha das principais causas ou signos da «creba» da tonalidade, na forma da cada vez maior importancia do uso de:

Tal como sucede con outras organizacións xerárquicas do espazo cromático como os de George Perle, a harmonía tonal continuou estendéndose pese ao crebe, a escala cromática seguiu sendo parte da base da música moderna no dodecafonismo, onde unha serie dodecafónica é unha ordenación específica da escala cromática, e do posterior serialismo. Aínda que estes estilos/métodos continúan (re)incorporando a tonalidade ou elementos tonais, a miúdo as tendencias que levaron a estes métodos foron abandonadas, por exemplo a modulación.

Susan McClary argumenta que o cromatismo na narrativa da ópera e a forma sonata pode ser mellor comprendida como o «outro», racial, sexual, socialmente ou outros, do propio diatonismo "masculino". Fose a través da modulación, como a unha área de tonalidade veciña, ou outros medios.[4] Por exemplo, Clement chama ao cromatismo na Isolde de Wagner "cheiro feminino".[5] Con todo, McClary tamén anota que as mesmas técnicas usadas na música para representar a tolemia na muller representan historicamente a vangarda na música instrumental, "na sinfonía do século XIX, o atrevido cromatismo da ópera Salomé de Richard Strauss é o que distingue unha composición realmente seria da vangarda dun traballo feito de clixés recortados".[4]

Tipos editar

David Benavente (1994) describe tres formas de cromatismo:

  1. Modulación
  2. Acordes tomados de tonalidades secundarias (Intercambio modal e tonicalización)
  3. Acordes cromáticos tales como acordes de sexta aumentada (véxase Substitución Tritonal)

Lista de acordes cromáticos:

  • Acordes de sétima de dominante de tonalidades veciñas, usadas para modular a esas tonalidades (cadencias V7-I).
  • Acordes de sexta aumentada.
  • Acordes de sexta napolitana como subdominantes cromáticas.
  • Acordes de sétima diminuída como VII7 cromáticas.
  • Acordes alterados
  • Acordes expandidos[6]

Outros asuntos cromáticos:[6]

  • O modo menor nas tonalidades maiores (mestura de modos ou intercambio modal )

Notas editar

  1. Randel, Don Michael: The Harvard Dictionary of Music. Harvard University Press, 2003, pp. 175-176.
  2. Pérez Gutiérrez, Mariano: Diccionario de la música y los músicos. Akal, 1985, vol. 1 p. 319.
  3. A palabra "cromático" ven do latín chromatĭcus, e este do grego χρωματικός, «cromático». Diccionario de la lengua española; por outra banda "cromatismo" ven do grego χρωματισμός, de χρωματίζειν, colorar, «cromatismo». Diccionario de la lengua española.
  4. 4,0 4,1 McClary, Susan: Feminine Endings: Music, Gender, and Sexuality. University of Minnesota Press, 1991, pp. 185-190.
  5. Clément, Catherine: Opera, Or, The Undoing of Women. I.B.Tauris, 1997, pp. 55-58.
  6. 6,0 6,1 Shir-Cliff, Justine et al.: Chromatic Harmony. The Free Press, 1965.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar