Cristo parou en Éboli

novela de Carlo Levi
(Redirección desde «Cristo si è fermato a Eboli»)

Cristo parou en Éboli[1] (en italiano, Cristo si è fermato a Eboli) é unha novela autobiográfica do escritor Carlo Levi, escrita entre decembro de 1943 e xullo de 1944 en Florencia e publicada en Italia en 1945.

Cristo parou en Éboli
Título orixinalCristo si è fermato a Eboli
Autor/aCarlo Levi
OrixeItalia
LinguaItaliano
ColecciónGrandes do noso tempo
Xénero(s)Novela
EditorialItalia Giulio Einaudi Editore
Galicia Edicións Xerais
Data de pub.Italia 1945
Galicia 1990
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas236
ISBNISBN 84-7507-469-3
TraduciónSilvia Gaspar
editar datos en Wikidata ]

Foi traducido ó galego por Silvia Gaspar e foi publicado por Edicións Xerais no ano 1990, na colección Grandes do noso tempo.[1]

Contexto editar

Baixo o réxime fascista, nos anos 1935 e 1936, o escritor foi condenado ó desterro en Lucania polas súas actividades antifascistas. Nesa rexión, actualmente chamada Basilicata, pasou unha longa tempada en Aliano (vila chamada Gagliano na novela para imitar a pronuncia local), onde tivo a oportunidade de coñecer a realidade desa terra e das súas xentes. Ó regreso do seu desterro, tras pasar unha longa tempada en Francia, Levi escribe a novela na que evoca a súa estancia primeiro en Grassano e posteriormente en Gagliano. O propio Levi, escribe no seu prefacio: “Coma se dunha viaxe ó comezo dos tempos se tratase, Cristo parou en Éboli relata o descubrimento dunha “civilización” diferente, a dos campesiños do Mezzogiorno, unha civilización allea á historia e á razón progresiva, unha civilización de sabedoría antiga e paciente dor. Porén, o libro non se pode considerar un diario xa que foi escrito moitos anos despois da experiencia que o inspira, cando as impresións reais deixaran de ter a necesidade prosaica do documento”. Segundo o escritor italiano Rocco Scotellaro, “Cristo parou en Éboli constitúe a evocación máis apaixonante e cruel dos nosos pobos”.

Notas editar