Cristo do Outeiro

O Cristo do Outeiro (en castelán: Cristo del Otero) é unha xigantesca escultura, símbolo da cidade de Palencia, situada nun outeiro preto da cidade. A procesión vía-crucis da cidade de Palencia, de Interese Turístico Internacional, acaba no alto do outeiro onde se sitúa a escultura.

Cristo do Outeiro
O Cristo
Edificio
LocalizaciónPalencia
Coordenadas42°01′42″N 4°31′46″O / 42.0283, -4.52944Coordenadas: 42°01′42″N 4°31′46″O / 42.0283, -4.52944
Construción
Inicio1930
Remate12 de xuño de 1931
Dimensións
Altura21 metros
Equipo
OutrosEscultura de Victorio Macho
editar datos en Wikidata ]

Descrición editar

O Cristo (nomeado así polos palentinos) parece estar nunha posición para bendicir a cidade. Foi construído en 1931, de acordo co proxecto do escultor palentino Victorio Macho. O seu estilo recorda ao Art Deco.

Aínda que non hai datos oficiais, a información turística que da a cidade de Palencia é que mide mais de 20 metros de altura, posicionandoo ao mesmo nivel que o cristo do Río de Xaneiro. Hai moitas disputas sobre este dato, dado que as dúas están empatadas en altura segundo moitas plataformas.

O Cristo do Outeiro é a segunda escultura de Cristo mais grande de Europa, superada pola Estatua de Cristo Rei, en Polonia.