Cristino Álvarez Herrera
Cristino Álvarez Herrera, nado na Coruña o 26 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 19 de xaneiro de 2018,[1] foi un xornalista galego especializado en gastronomía, coñecido polo pseudónimo de Caius Apicius, co que asinou os seus artigos, reportaxes e críticas nesta materia.[2][3]
Cristino Álvarez Herrera | |
---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1947 |
A Coruña | |
Falecemento | 19 de xaneiro de 2018 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
Pai | Cristino Álvarez Hernández |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi fillo de Cristino Álvarez Hernández, unha relevante figura do franquismo na cidade da Coruña, que nos anos en que naceu Cristino Álvarez era concelleiro e posteriormente primeiro tenente de alcalde da cidade. Diplomado en xornalismo, foi xefe de información parlamentaria, editor e xefe de deportes e xefe de edición na Axencia EFE.
Admirador de Álvaro Cunqueiro, Josep Pla, Julio Camba, Martínez Llopis ou Néstor Luján, en xaneiro de 1981 comezou a publicar os seus traballos gastronómicos na Axencia EFE. Foi colaborador habitual de revistas como Sobremesa e xornais como La Voz de Galicia.
DistinciónsEditar
- Premio Alimentos de España en medios de comunicación.
- Premio Nacional de Gastronomía en 1992 ao mellor labor xornalístico.
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. p. 29. ISBN 84-8064-113-4.