Cristina Pol García

mestra e inspectora galega

Cristina Pol García, nada en Madrid o 24 de xullo de 1893 e finada na Coruña o 23 de setembro de 1976,[1] foi unha mestra e inspectora de educación galega.

Modelo:BiografíaCristina Pol García
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1893 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de setembro de 1976 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra, inspectora de educación Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeManuel Díaz Rozas Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 13203

Traxectoria

editar

Estudou maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, obtendo o título de grao superior en 1911.[2] Foi nomeada inspectora de Ensino Primario da provincia da Coruña en 1920.[3] Co seu marido Manuel Díaz Rozas e outros crearon en 1932 a Sociedad Paidológica Gallega e tamén co marido fixeron estudos para seguir o desenvolvemento de xemelgos univitelinos da provincia da Coruña nos anos trinta.[4] Militante do Partido Galeguista, foi secretaria do Seminario de Estudos Galegos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi separada do servizo e suspendida de emprego e soldo. Foi desterrada a Ávila co seu home. Rehabilitada, nos anos sesenta foi inspectora de ensino primario en Oviedo.

Vida persoal

editar

Casou con Manuel Díaz Rozas.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar