Cristina Losada
escritora e política galega
Cristina Losada Fernández, nada en Vigo en 1954, é unha xornalista, escritora e política galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1954 (69/70 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarEstudou o bacharelato en Vigo e licenciouse en Ciencias Políticas e Socioloxía na Universidade Complutense de Madrid, onde militou na Liga Comunista Revolucionaria entre 1972 e 1977. Foi documentalista e redactora do diario Pueblo, tradutora e redactora da axencia Colpisa e colaborou en esRadio, COPE, Onda Cero e TVG. É columnista de Libertad Digital, editora do blog Heterodoxias.net e coautora do programa El Búho. Tamén é membro do consello de administración de Telemadrid e presidenta da Asociación Vigueses pola Liberdade. Foi candidata de Cidadáns á presidencia da Xunta nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016[1].
Notas
editarObras
editar- Morfina roja, 2008.
- Un sombrero cargado de nieve, 2016.
Obras colectivas
editar- Por qué dejé de ser de izquierdas, 2008.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cristina Losada |