Cristina Bruno

pianista galega

Cristina Bruno Almqvist nada na Coruña, é unha pianista galega.

Infotaula de personaCristina Bruno
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
A Coruña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpianista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Está titulada polo Conservatorio de música de Madrid e na Universidade de Música de Hamburgo. Estudou cos mestres Cubiles, Carra e Zubeldía, e no estranxeiro coas músicas Florica Muzicescu, Eliza Hansen e Maria Curcio en Bucarest, Hamburgo e Londres, respectivamente.

Foi bolseira da Fundación Juan March. Comezou a dar concertos en 1968. Primeiro en Madrid e despois en HamburgoActuou como solista en orquestras españolas e estranxeiras: London Symphony, Suisse Romande, Sinfónica Hamburgo, Orquestra RTV Bucarest ou Orquestra RTV Española.[1]Na súa carreira foi moi importante o director de orquestra Sergiu Celibidache, quen a escolle como solista[2]. O seu repertorio abrangue dende o barroco ata a música contemporánea.

En 2009 tocou coa Real Filharmonía de Galicia, baixo a batuta de Antoni Ros-Marbá, primeiro no Teatro Monumental de Madrid e o 13 de marzo no Auditorio de Galicia.[3]

Notas editar

  1. "Concierto Extraordinario Grabaciones históricas de pianistas españoles 4 mayo 1976". 
  2. "Cristina Bruno.Pianista". www.cristinabruno.es. Consultado o 21 de febreiro de 2019. 
  3. Martín, Elena. "Cristina Bruno, el reencuentro". Scherzo (11). 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar