Cristian Silva

produtor e músico galego


Cristian Silva Bóveda, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) en 1982,[1] é un produtor e músico galego polifacético con dominio en varios estilos e diversos instrumentos de vento, tecla, corda e percusión.

Infotaula de personaCristian Silva
Biografía
Nacemento1982
O Carril, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Como bailarín formouse en baile tradicional dende cativo en asociacións culturais carrilexas, e posteriormente en danza clásica e danza contemporánea con diferentes mestres, formando parte do Ballet Galego Rey de Viana nos últimos anos da súa existencia. Tamén se formou como construtor de instrumentos tradicionais no Obradoiro da Escola de Artes e Oficios de Vigo.

Posúe unha ducia de primeiros premios en concursos de música tradicional, gañando co cuarteto O Chupacabras e o cuarteto Canle Dadá a maior parte dos certames emblemáticos de Galicia. Como solista gañou o reputado premio Avelino Cachafeiro, Gaiteiro de Soutelo.[2]

Formación académica editar

Posuidor do Título Superior en Instrumentos da música tradicional e popular polo Conservatorio Superior de Vigo, Título Profesional de gaita, mestrado en Artes Escénicas pola Universidade de Vigo e mestrado en profesorado de ensinanza secundaria e artes pola Universidade de Santiago de Compostela, ademais cursa o programa de doutoramento en Historia da Arte na Facultade de Xeografía e Historia da USC.

Labor didáctico editar

Foi profesor de gaita, acordeón e percusión en varios centros educativos, como a Escola de música e danza Coda, o Obradoiro de Cultura Tradicional Volandeira de Cambados ou a Asociación Rosalía de Castro de Padrón. Tamén traballou impartindo gaita e diversas materias no Conservatorio Profesional de Vilagarcía de Arousa no Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol, no Conservatorio Superior de Vigo ou no Conservatorio Profesional de Vigo.

Como especialista en historia da música e danza galega impartiu diversos relatorios e cursiños sobre danza galega, estilística, tipoloxía e técnica dos instrumentos galegos e padróns rítmicos na música tradicional.

Colaboracións editar

Dende o ano 2006 colabora regularmente no programa Luar da Televisión de Galicia, formando parte da Charanga Vai de Baile. No mesmo programa foi xurado do concurso Vai de Gaita, onde se premiaba ao mellor gaiteiro. Tamén foi capitán e conselleiro dos participantes da versión infantil do mesmo concurso e xurado da sección Vai de Baile. Participou noutros programas da TVG como A casa da conexa, Tantarantán, Bamboleo, Zigzag Eirado, Aquí Galicia ou Boas Tardes.

Como compositor e arranxador traballou poñendo música ás curtametraxes de animación O traseiro do Rei e Recortando sueños, compoñendo melodías nas seccións Vai de Baile, Punta Tacón e Vai de Gaita no programa Luar, e arranxando diversas obras de grupos e artistas galegos como Pandeiromus ou Xosé Manuel Piñeiro. Varias das súas obras e estudos para gaita forman parte da programación didáctica oficial de diversos Conservatorios de Música, e algunhas das súas composicións foron premiadas en eventos e certames de música tradicional.

Colaborou con grupos como Rastrexos project, O Fiadeiro, Os Terribles de Arousa, Pai de Cana, Igloo, The Chieftains ou Talabarte e con artistas como Carlos Núñez, Thomas Hospital, Susana Seivane, Hevia, Lis Pardo, Olalla Bouzas, Rosa López, Xosé Romero, Rosa Cedrón ou Óscar Ibáñez entre outros.

Formou parte de grupos e bandas de diversos estilos como Xarabal, Arauca, Gato Negro, Malveiras, Santa Compaña, Os Xirifeiros, O Chupacabras, Davide Salvado trío, Vai de Baile, Pandeiromus, Tibia Mixolidia, Canle Dadá, Flip-flop Five, Turboláser ou co grupo de música medieval Art-monium. Con estas bandas e en solitario, ten actuado en festivais de diversa índole, como o WOMEX, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o Festival de Órgao de Braga ou o Festival Reino de Llión entre outros.

Como solista participou en dúas edicións de MUSGAFOL: música contemporánea para gaita e piano (2009) e música académica para gaita e orquestra sinfónica (2011). No 2010 estreou xunto ao pianista Nicasio Gradaille a primeira performance para gaita e piano sobre a obra Tierkreis de Karlheinz Stockhausen.

Ten participado en diversas publicacións sobre música galega e en máis de 20 gravacións discográficas.

Traballos persoais editar

No Nadal de 2015 presentou no Culturgal Ego, o seu primeiro disco en solitario.[3] Producido ao completo polo propio músico, Ego ten influencias de rock, flamenco e música electrónica onde, dende un prisma persoal, Silva toca o medio cento de instrumentos que se poden escoitar ao longo dun disco que está, ademais, aderezado polas colaboracións de artistas e amigos como Davide Salvado, Pedro Pascual, Gonzalo Cortés, Xosé Piñeiro ou Pandeiromus.

A curtametraxe de animación do seu primeiro sinxelo A insignificante historia do home astronómico foi nomeada nos XIV Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, e finalista en diversos certames, como o XXI Festival de Cine de Zaragoza.

En 2017 presentou unha colección de 20 pezas para gaita galega compostas por el, chamado Manual Ególatra Básico.[4]

En 2021 presentou, xunto a Carlos Rey, o libro «Os Encantiños do Umia. Coa gaita ao carrelo"».[5]

En 2023 presentou xunto a Carlos Rey, o libro « A Farsa do Carril»[6][7]

Notas editar