Creba Socialista

organización política galega

Creba Socialista é un espazo de encontros socialistas en Galicia de ideoloxía comunista que forma parte do Movemento Socialista. Presentouse en Santiago de Compostela o 27 de abril de 2024.

Creba Socialista
TipoEspazo de encontro e de debate
PropósitoCreación dunha organización independente de clase
IdeoloxíaMarxismo, Comunismo
Data de fundación2024
PaísGaliza
Na rede
Twitter: CrebaSocialista Instagram: creba.socialista Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ideoloxía

editar

Enfatizan a necesidade dunha ruptura política coa socialdemocracia, sostendo unha forte crítica á esquerda reformista e ao nacionalismo galego. Poñen tamén o foco na necesidade dunhas institucións verdadeiramente independentes de clase e no camiño cara á construción dun Partido Comunista a escala internacional.