Craters of the Sac

Craters of the Sac é un álbum semi-oficial da banda estadounidense de rock alternativo Ween, publicado en 1999 unicamente en formato MP3. Debido a que Elektra Records publicou Paintin' the Town Brown, que fora a primeira edición en liña de Ween, Dean Ween filtrou Craters of the Sac en Internet en 1999 para amosarlle aos seus seareiros canto os apreciaba a banda. Aínda que aparece na cronoloxía de Ween como publicado tras Paintin' the Town Brown (1999) e antes de White Pepper (2000), polo menos unha canción ("Put the Coke on My Dick") procede das sesións de The Mollusk de 1997. "Suckin' Blood From The Devil's Dick" procede da cinta Pandy Fackler de finais dos 80.

Craters of the Sac
Álbum de Ween
Gravación1990 - 1999
Duración33:57
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)editado só en MP3
Cronoloxía
Paintin' the Town Brown: Ween Live 1990-1998
(1999)
Craters of the Sac White Pepper
(2000)

Os temas "Big Fat Fuck", "How High Can You Fly?" e "Monique the Freak" tamén aparecen remesturados no álbum do 2005 de temas inéditos Shinola, Vol. 1.

Listaxe de cancións

editar
N.º Título Duración
1. "All That's Gold Will Turn to Black"   1:48
2. "The Pawns of War"   1:33
3. "Big Fat Fuck"   7:07
4. "Put the Coke on My Dick"   3:01
5. "Makin' Love in the Gravy"   3:15
6. "How High Can You Fly?"   1:45
7. "The Stallion (Pt. 5)"   3:27
8. "Suckin' Blood from the Devil's Dick"   1:44
9. "Monique the Freak"   10:17