Crónicas de la Torre

Crónicas de la Torre é unha saga de xénero fantástico escrita pola autora española Laura Gallego que conta de tres libros: El Valle de los Lobos, La maldición del Maestro, La llamada de los muertos e un especial para os fans, Fernis, el elfo.

Crónicas de la Torre
Laura Gallego, autora.
Autor/aLaura Gallego
OrixeEspaña
LinguaCastelán
Tema(s)Maxia
Xénero(s)Fantasía
Data de pub.2001-2004
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

Crónicas de la Torre é unha saga escrita pola autora valenciana Laura Gallego que segue a historia de Dana, unha moza de orixe humilde que ten un segredo: o seu mellor amigo, Kai é invisible para todo o mundo agás ela. Cando é aceptada na que fora unha famosa escola de alta feiticería, a Torre no Val dos Lobos, comenza a descubrir os misterios que gardan o Mestre, a Torre e a Maldición que cae sobre o val.

Personaxes editar

  • Dana: Unha nena de cabelo negro, profundos ollos azuis que sempre viste cunha túnica correspondente ó seu rango. Seria e serena, é moi tranquila, reflexiva e ama á maxia.
O meu destino é a maxia. Se para iso debo de seguir soa... moi ben. Que así sexa. Non necesito a ninguén máis. A ninguén en absoluto

[1].

  • Kai: Ten pelo rubio e ollos verdes, é un pouco malicioso pero moi leal, alegre e sabe cando poñerse serio e mostra unha actitude madura cando hai problemas, ademais, os seus consellos son moi sabios e correctos.
Vive moitos anos, vive intensamente, víveo todo. Vive por min a vida que eu non puiden vivir
  • Fenris: É un misterioso mago elfo-lobo, único estudante da Torre cando Dana chega a ela.
Ese lado salvaxe tamén forma parte de nós mesmos. No hai que loitar contra el, só aprender a controlalo e canalizalo de forma adecuada
  • Maestro: Titor de Dana, ademais de mago especializado na rama da feiticería que estuda a mente, que é capaz de ler a mente das persoas mirándoas ós ollos. O seu soño é converterse nun Arquimago.
A vida é o único fin de toda criatura. E toda criatura fará o posible por prolongala, a súa, e a dos seus fillos. Unha vez comprendas isto, comprenderás o mundo e che será máis fácil controlalo.
  • Maritta: Anana encargada da cociña da torre e a figura materna de Dana durante a súa o aprendizaxe na Torre. Como corresponde á súa especie, a Maritta non lle gusta o que ten que ver coa maxia pero está afeita a ela debido ao tempo que pasou vivindo na torre.
Se algunha vez me necesitas para algo que non sexa recitar ladaíñas e conxurar raios e tronos, búscame abaixo de todo: nas cociñas.

Novelas editar

El valle de los lobos editar

El Valle de los Lobos (O Val dos Lobos en galego), é a primeira entrega desta saga fantástica e publicouse no 2001.

Dana, unha moza granxeira, é requirida por un misterioso Mestre e conducida á Torre, no remoto Val dos Lobos. Tempo atrás foi unha brillante escola de feiticería, pero hoxe apenas tres persoas habitan nela. Ademais do propio Mestre e a cociñeira, o único aprendiz que estuda na Torre é un reservado elfo cun escuro pasado. Pero a propia Dana tamén ten os seus propios segredos. Ó seu lado sempre está Kai, o seu mellor amigo, o seu confidente, o seu protector... un rapaz a que só ela pode ver. Mentres se inicia nos misterios da maxia ancestral da Torre, Dana descobre que sobre o lugar pesa unha antiga maldición.

La Maldición del Maestro editar

La Maldición del Maestro, A Maldición do Mestre é a segunda novela da triloxía publicada en 2002. É a continuidade de El Valle de los Lobos, desenvólvese varios anos despois.

O Amo da Torre xurou vinganza antes de morrer. Ningún aprendiz de maxia debe rebelarse contra o seu Mestre e, porén, Dana, a actual Señora da Torre, e Fenris, o elfo, fixérono. Agora, aproveitando que hai novos discípulos na escola, a morte non vai impedirlle ó Mestre cumprir a súa promesa.

La llamada de los muertos editar

La llamada de los muertos, A chamada dos mortos en galego, é a terceira e derradeira parte de El Valle de los Lobos, publicada no 2003, transcorre tempo despois, cando todos os aprendices de La maldición del Maestro son magos consagrados.

Tras a chegada á Torre de Saevin, un rapaz cuns poderes excepcionais, Dana sente que algo estraño está a punto de suceder e decide viaxar á Cidade Esquecida para visitar o Templo Sen Nome e consultar ó Oráculo. A aterradora profecía que sae da súa boca e na que se verán implicadas once persoas inquiétaa aínda máis. Pero, existe alguén capaz de manipular os designios do destino?

Fernis, el elfo editar

Fernis el elfo, Fernis o elfo é un especial sacado despois do fin da triloxía que non afecta á saga principal, publicada no 2004. Pódese ler, segundo a propia autora, sen ningún problema antes ou despois da historia principal.

Fenris é un elfo moi especial. Ten grandes poderes e, nas noites de lúa chea, unha forza inexplicable arrástrao ata convertelo nun ser asombroso. O amor por Shi-Mae e o seu enfrontamento con personaxes poderosos no Reino dos Elfos van determinar o seu futuro. Aquí comenza o seu viaxe ata a Torre, situada no Val dos Lobos.

Notas editar

  1. "Crónicas de la Torre - Wikiquote". es.wikiquote.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 2017-11-02. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar