Crómlech dos Almendres

Coordenadas: 38°33′27″N 8°03′40″O / 38.557497, -8.061077

O Crómlech dos Almendres é un monumento megalítico situado nunha costa cara a leste, na freguesía de Nossa Senhora de Guadalupe, concello de Évora, Portugal.

Crómlech dos Almendres.

Trátase do monumento megalítico máis importante de toda a Península Ibérica, non só debido á súa dimensión, mais tamén, debido ao seu estado de conservación. É tamén considerado un dos máis importantes de Europa.

Cronoloxía editar

 
Esquema amosando a evolución do cromlech de Almendres (Évora, Portugal) dende o neolitico ata hoxe[1]

A formación deste crómlech, comezou a fins do Sexto milenio a.C. e rematou no Terceiro milenio a.C..

  • No Neolítico Antigo Medio erixiuse un conxunto de monólitos, agrupados en tres círculos concéntricos.
  • No Neolítico Medio erixiuse un novo recinto coa forma de dúas elipses concéntricas irregulares.
  • No Neolítico Final a dous recintos existentes engadíronselle algúns monólitos con gravados con marcada influencia relixiosa.

Estrutura editar

Os monólitos, algúns de tres metros de altura, foron colocados sobre cavidades previamente preparadas. Actualmente existe plano da disposición de todos estes monólitos, estando todos eles numerados, podéndose identificar as características individuais de cada un.

Os dous recintos contiguos presentan unha orientación leste - oeste.

  • O recinto máis a Oeste, en forma de círculo é o máis antigo e foi edificado no Neolítico Antigo Medio.

Constituído por tres círculos concéntricos, presenta en total vinte e catro monólitos.

O círculo exterior ten de diámetro, aproximadamente 18,8 metros e o círculo interior cerca de 11,4 metros.

  • O recinto máis a Leste, en forma de elipse, é o recinto edificado no Neolítico Medio e estaba constituído na súa orixe por 56 menhires.

Este recinto está formado por dúas elipses concéntricas, onde a maior presenta as seguintes dimensións: eixo maior 43,6 metros e o menor 32 metros.

  • Xa no Neolítico final, no interior do recinto en forma de elipse foron colocados novos menhires, e nalgúns dos xa existentes foron gravadas algunhas figuras en relevo.

Descuberta e estudo do crómlech editar

O Crómelech dos Almendres, foi descuberto en 1964 por Enrique Leonor Pina, cando procedía ao deseño da Carta xeolóxica de Portugal.

Este crómlech xa tivo tres campañas de estudo e escavación.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar