Abrir o menú principal

Costa Espacial (Florida)

Localización da Costa Espacial de Florida
A Costa Espacial de Florida circundando Merritt Island, vista desde a Estación Espacial Internacional

A Costa Espacial (inglés: Space Coast) é unha rexión vernácula no estado de Florida ao redor do Centro Espacial John F. Kennedy (no acrónimo en inglés, KSC) e da Estación da Forza Aérea de Cabo Cañaveral. Todos os lanzamentos de voos espaciais tripulados da NASA (empezando polo Proxecto Mercury en 1961 ata o fin do programa transbordadores espacias en 2011) partiron ou ben do KSC ou ben de Cabo Cañaveral. Na Estación da Forza Aérea tiveron tamén lugar lanzamentos de foguetes espaciais militares e civís non tripulados. A área inclúe as cidades de Titusville, Cocoa, Rockledge, Cabo Cañaveral, Merritt Island (non incorporada), Cocoa Beach, Melbourne, Indialantic e Palm Bay. A maior parte da área sitúase dentro dos límites do Condado de Brevard. Limita ao sur coa Costa do Tesouro; ao oeste e o norte con Florida Central (rexión á que está ligada economicamente); e ao este co Océano Atlántico.

Lugares relacionados coa Costa EspacialEditar

Ademais do KSC e da Estación da Forza Aérea de Cabo Cañaveral, teñen relación polos seus nomes coa Costa Espacial os seguintes lugares:

Prefixo telefónicoEditar

Cando a zona pasou a ter moita poboación para servirse dun só prefixo telefónico, un residente local[13] descubriu que o prefixo nº 321 non estaba asignado a ningún outro territorio (aínda que considerábase por entón que pertencía á área suburbana de Chicago)[14]. Se cada un dos números era pronunciado individualmente —"3, 2, 1"—, a serie lembraba á conta regresiva antes dun lanzamento; así que os residentes solicitaron a asignación do código á rexión da Costa Espacial. A idea callou entre a poboación local e, finalmente, o novo prefixo telefónico fíxose efectivo oficialmente o 1 de novembro de 1999[15].

ReferenciasEditar

  1. "Alan Shepard Park". citiyofcocoabeach.com (en inglés). 
  2. Central Florida Roads. Florida Department of Transportation (ed.). "241241-1 Apollo Boulevard from Sarno Road to Eau Gallie Boulevard". cflroads.com (en inglés). Consultado o 20-1-2016. 
  3. "Apollo Elementary School. An A+School - Home of the Eagles". edline.net (en inglés). Consultado o 20-1-2016. 
  4. "Discovery Elementary School. Home of the Dolphins! Celebrating 25 Years". edline.net (en inglés). Consultado o 20-1-2016. 
  5. "Endeavour Elementary School. Excellence is the Only Option - Excellence is our Destination". edline.net (en inglés). Consultado o 20-1-2016. 
  6. "Gemini Elementary School. Gemini Jet Stars". edline.net (en inglés). Consultado o 20-1-2016. 
  7. "Mila Elementary School. Home of the Manatees". edline.net (en inglés). Consultado o 20-1-2016. 
  8. Saggio, Jessica (1-8-2015). "So what does the name MILA Elementary actually mean?". Florida Today (en inglés) (Melbourne, Florida). p. 1B. Consultado o 11-8-2015. . "MILA" é o acrónimo de Merritt Island Launch Area" (Área de Lanzamento de Merritt Island).
  9. Neale, Rick (19-11-2015). "New Apollo Boulevard bridge dedicated in Melbourne". Florida Today (en inglés). Consultado o 20-1-2015. 
  10. "Satellite High School. Ad astra per aspera". edline.net (en inglés). Consultado o 20-1-2016. 
  11. "Space Coast Junior/Senior High School. Home of the Vipers". edline.net (en inglés). Consultado o 20-1-2016. 
  12. "2009 Space Coast Surge". baseball-reference.com (en inglés). Consultado o 20-1-2016.  Equipo de béisbol infantil e xuvenil membro da Liga de Béisbol de Inverno de Florida, que disputouse en Cocoa no ano 2009. Esta páxina web contén estatísticas individuais do equipo de béisbol durante a súa existencia.
  13. Robert Osband (tamén coñecido como Richard Cheshire)
  14. Isto incluía á maior parte do condado, salvo a parte meridional do mesmo.
  15. Osband, Robert. Spacey Ideas, ed. "A Chronology Of Events Surrounding. The Establishment Of Area Code 321" (en inglés). Consultado o 19-1-2016. 

Véxase taménEditar

Outras ligazónsEditar

Ligazóns externasEditar