Abrir o menú principal

Cosme Vázquez Subiabre, nado en Mondariz o 15 de xaneiro de 1904 e finado en Madrid o 27 de agosto de 1976, foi un futbolista galego, que xogaba de dianteiro.

Cosme Vázquez
Información persoal
Nacemento 15 de xaneiro de 1904
  Mondariz
Falecemento 27 de agosto de 1976
  Madrid
Nacionalidade España
Posición Dianteiro

TraxectoriaEditar

Procedía dunha familia moi numerosa, fillo de Emelina Subiabre Peña. Comezou a estudar enxeñería, pero deixouno polo fútbol. Axiña destacou pola súa capacidade goleadora, por exemplo xa xogando no Celta de Vigo na Copa do Apóstolo en Santiago de Compostela en novembro de 1925 fronte ao Real Madrid. Logo de pouco tempo no club vigués fichou polo Athletic de Madrid. Na tempada 1925-26 proclamouse subcampión rexional e estatal co equipo madrileño. Precisamente no campionato estatal, Cosme marcou o gol da vitoria do equipo colchoneiro na prórroga da semifinal fronte ao Celta no Estadio de Mestalla o 9 de maio de 1926.

En xuño de 1928 Cosme Vazquez defendeu de novo a elástica celeste nunha xira por Arxentina e Uruguay, pero regresou a Madrid coa creación da Liga española de fútbol na tempada 1928-29, marcando na primeira campaña 15 goles en 17 partidos. Ao ano seguinte Cosme fichou polo Real Madrid xunto co seu compañeiro no ataque colchoneiro, Luis Olaso. Porén, non triunfou no equipo branco, xogando 15 partidos de liga en dúas tempadas e metendo 4 goles. En 1931 regresou a Vigo para xogar na segunda división co Celta, marcando dous goles fronte ao Murcia e o Cataluña.

Tras rematar a súa carreira como xogador, foi directivo e delegado do Atlético de Madrid, residindo nesa cidade o resto da súa vida.

Véxase taménEditar