Cosme Shi Enxiang

Cosme Shi Enxiang, nado en febreiro de 1921 e finado en xaneiro de 2015 na China, foi un bispo católico latino chinés, prefecto apostólico de Yixian dende 2013, finado logo de 14 anos na cadea.

Cosme Shi Enxiang
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacementofebreiro de 1921 en China
Pasamentoxaneiro de 2015 en China
Ordes
Ordenación sacerdotal14 de agosto de 1947
Consagración episcopal1982 (clandestina)
Prefecto apostólico de Yixian
2013 - 2015
PredecesorLiu Guandong
Sucesor(Sé vacante)

TraxectoriaEditar

Foi ordenado sacerdote en 1947[1][2] na Igrexa clandestina. Foi arrestado por vez primeira en 1954, e pasou case trinta anos en campos de traballos forzados,[3] nas provincias de Heilongjiang e Shanxi.

En 1982[3][4] foi consagrado bispo auxiliar de Yixian na clandestinidade,[2] e en 1990[5] foi arrestado novamente, e liberado en novembro de 1993.[5] En 1995 ou 1996 pasou a ser o ordinario da sé logo de que o seu predecesor, Liu Guandong se retirara. Foi arrestado outra vez no Venres Santo de 2001.[3][6]

Finou en prisión, logo de 14 anos, e as autoridades comunicaron o seu pasamento en xaneiro de 2015.

NotasEditar

  1. A data concreta da súa ordenación sacerdotal varía segundo as fontes. Algunhas dan o 1 de xuño mentres que outras mencionan o 14 de agosto.
  2. 2,0 2,1 Human Rights Watch, ed. (1992). Freedom of Religion in China. p. 24. ISBN 9781564320506. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Gélard, Patrice (2001). "L'actualité constitutionnelle en Russie, dans les états de la CEI et de l'Europe de l'Est et dans les Etats toujours ou anciennement communistes". Revue française de droit constitutionnel (46). ISBN 978-2-13-052299-7. 
  4. Como no caso da súa ordenación sacerdotal, a data concreta na que foi consagrado bispo varía segundo as fontes. Algunhas mencionan abril.
  5. 5,0 5,1 Human Rights Watch, ed. (1994). Detained in China and Tibet: A Directory of Political and Religious Prisoners. p. 395. ISBN 9781564321053. 
  6. Delpard, Raphaël (2009). Michel Lafon, ed. La persécution des chrétiens aujourd'hui dans le monde. Neuilly-Sur-Seine. p. 310. ISBN 9782749909875. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar