Cosmas Indicopleustes

Cosmas Indicopleustes (literalmente "o que navegou á India"), de Alexandría, foi un mercador grego e despois un monxe, probabelmente con tendencias nestorianas[1]. Viaxou moito durante o século VI e foi diversas veces á India durante o reinado do emperador romano Xustiniano. A súa Topographia Christiana contén algúns dos máis antigos e famosos mapamundis[2].

Cosmas Indicopleustes
Nacementoséculo VIxuliano
Lugar de nacementoAlexandría
Falecementoséculo Vxuliano
Lugar de falecementoAlexandría
NacionalidadeImperio Bizantino
RelixiónNestorianismo
Ocupaciónexplorador, astrónomo, escritor e xeógrafo
Coñecido porChristian Topography
editar datos en Wikidata ]
Mapamundi, por Cosmas Indicopleustes.

Topographia Christiana editar

Por volta de 550, Cosmas escribiu Topografia Christiana, moi ricamente ilustrado, unha obra baseada en parte nas súas experiencias persoais como mercador no Mar Vermello e no océano Índico no inicio do século VI. A súa descrición da India e de Sri Lanka neste período é de valor inestimábel para os historiadores. Cosmas aparece como un guía interesante e fiábel, informando sobre un mundo que xa non existe Estaba en Adulis na costa eritrea do Mar Vermello cando o rei de Axum estaba preparando unha campaña militar para atacar o rei xudeu Dhu Nuwas, no Iemen, que viña perseguindo os cristiáns. A pedido do rei axumita e como preparación para a súa campaña, preservou algunhas inscricións hoxe perdidas, como a do Monumentum Adulitanum (erroneamente atribuído a Tolomeo III Everxetes).

Indicopleustes editar

 
Topographia Christiana

Malia ser xa coñecido que existía un comercio entre o Imperio romano e a India a partir do século -I a través de fontes na literatura clásica (principalmente Periplus Maris Erythraei), o relato de Cosmas é un dos poucos feitos por individuos que de feito fixeron a viaxe. Describiu e debuxou o que viu e algúns destes manuscritos foron copiados para as versións actuais, datando a máis antiga do século IX. En 522 visitou a costa de Malabar (sur da India) e foi o primeiro viaxeiro en mencionar a existencia de cristiáns siríacos na rexión:

Na illa de Taprobane (Ceilán), hai unha igrexa de cristiáns, con clérigos e fieis. Tamén en Malé, onde crece a pementa, e na cidade de Kalliana hai un bispo consagrado en Persia.
 
Topografia Christiana, Cosmas Indicopleustes[3]

Terra plana editar

Unha característica fundamental da súa Topographia é o punto de vista de Cosmas de que o mundo é plano e que o ceo ten a forma dunha caixa cunha tampa curva. Desdeñaba a opinión de Tolomeo e outros que crían que o mundo era esférico. Cosmas buscaba probar que os xeógrafos precristiáns estaban errados ao afirmar que a Terra era esférica afirmando polo contrario fora modelada no tabernáculo, o templo descrito a Moisés por Deus durante o Éxodo do Exipto. Porén, esta idea de que a terra sería plana xa era minoritaria nos círculos máis educados do occidente xa desde o século -III.[4]. O punto de vista de Cosmas nunca foi moi influente, mesmo nos círculos relixiosos e un cristián case contemporáneo, Xoán Filopono, discordaba del, así como a maior parte dos filósofos cristiáns da época[2].

Notas editar

  1. Beatrice Nicolini, Penelope-Jane Watson (2004). Makran, Oman, and Zanzibar: Three-terminal Cultural Corridor in the Western Indian Ocean (1799-1856) (en inglés). Brill. ISBN 90-04-13780-7. 
  2. 2,0 2,1 "Cosmas". Encyclopædia Britannica (en inglês). Consultado o 06/05/2011. 
  3. Cosmas Indicopleustes. "Topographia Cristiana". Tertullian.org (en inglés). Consultado o 06/05/2011. 
  4. Russell, Jeffrey B. "The Myth of the Flat Earth". American Scientific Affiliation. Consultado o 06/05/2011. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Kenneth Willis Clark collection of Greek Manuscripts: Cosmas Indicopleustes, Topographia. (en inglés)
  • Cosmas Indicopleustes, ed. J.W. McCrindle (1897). The Christian Topography of Cosmas Indicopleustes. Hakluyt Society. (Reissued by Cambridge University Press, 2010. ISBN 978-1-108-01295-9) (en inglés)
  • Cosmas Indicopleustes, Eric Otto Winstedt (1909). The Christian Topography of Cosmas Indicopleustes. The University Press
  • Jeffrey Burton Russell (1997). Inventing the Flat Earth. Praeger Press (en inglés)
  • Dr. Jerry H Bentley (2005). Traditions and Encounters. McGraw Hill. (en inglés)
  • Wanda Wolska-Conus. La topographie chrétienne de Cosmas Indicopleustes: théologie et sciences au VIe siècle Vol. 3, Bibliothèque byzantine. París: Presses Universitaires de France, 1962. (en francés)
  • Cosmas Indicopleustes. Cosmas Indicopleustès, Topographie chrétienne. Translated by Wanda Wolska-Conus. 2 vols. París: Les Editions du Cerf, 1968. (en francés)

Ligazóns externas editar