Abrir o menú principal

Coordenadas: 42°18′20″N 9°09′02″L / 42.30556, -9.15056

Corte (en francés, Corte; en corso, Corti), é unha localidade e comuna francesa, situada no departamento de Alta Córsega e na rexión de Córsega.

Corte
Corte (en francés)
Corti (en corso)
COA fr Corte.svg
Corti.JPG
Vista da cidade
Localización
Corte en Francia
Corte
Corte
PaísFrancia Francia
RexiónCórsega
DepartamentoAlta Córsega
DistritoDistrito de Corte
Xeografía
Altitude
    • Media 486
    • Máxima 2.626
    • Mínima 299 msnm
  • Superficie149,27 km²
    Demografía
    Poboación7 422 hab. (2012) [1]
    Densidade49,8 hab./km2
    Xentiliciocortenais (en francés)
    curtinesi (en corso)
    Outros datos
    Código postal20250
    AlcaldeAntoine Sindali (2002-2008)
    http://www.mairie-corte.fr

    Os seus habitantes cháamanse, en francés, cortenais, e en corso, curtinesi.

    Índice

    XeografíaEditar

    A cidade se encontra no centro de la illa, na confluencia dos ríos Restonica e Tavignano, a 70 km de Bastia e 85 km de Ajaccio. Ten unha estación na liña férrea Bastia-Ajaccio, e é un importante nó de estradascarreteras. O val do Tavignano comunícaa coa chaira costeira occidental.

    DemografíaEditar

    Evolución demográfica (poboación censada)
    1936 1954 1962 1968 1975 1982 1990 1999 2009 2012
    4.135 4.835 5.066 4.948 5.230 5.177 5.693 6.329 6.744 7.422

    Ademais da poboación censada, a Universidade de Córsega acolle a 3.800 estudantes.

    A aglomeración de Corte limítase ao seu municipio. Este forma parte da Communauté de communes du Centre Corse (Mancomunidade de municipios do Centro de Córsega), que integra a outras sete poboaciones, agrupando un total de 8.319 habitantes (censo de 1999).

    Administración e políticaEditar

    No referendo sobre a Constitución Europea gañou o non cun 52,03 % dos votos.

    Algúns resultados electorais recentes (segundas voltas do sistema francés adaptado a Córsega)
    Eleccións Rexionais 28 de maio de 2004
    Tres listas de esquerda Lista dos socialistas, comunistas e outros Rexionalistas Dúas listas da dereita tradicional
    43,4 % 4,6 % 13,1 % 38,9 %

    Os grupos que conforman o Consello Municipal son:

    • Pour l’avenir de Corte ville Universitaire (21 electos)
    • Ensemble pour Corte/ Inseme per Corti (4 electos)
    • Servir Corte et l’Université (4 electos).

    EconomíaEditar

    Segundo o censo de 1999, a distribución da poboación activa por sectores era:

    Poboación activa por sectores
    agricultura industria construción servizos
    3,5 % 7,9 % 6,8 % 81,8 %

    HistoriaEditar

    Foi capital da Córsega independente, así como residencia de Pasquale Paoli, pai da patria corsa.

    Entre 1761 e 1769 foi sede do gobernador da illa.

    A súa universidade, fundada en 1765, foi un centro de difusión da Ilustración.

    Xosé Bonaparte, que sería rei de España, naceu en Corte en 1768.

    Lugares e monumentosEditar

    • Universidad de Córsega
    • Citadelle
    • Museo de Córsega
    • Igrexa da Anunciación
    • Palazzu Naziunale
    • Casa do Concello
    • Estatua de Pasquale Paoli

    Galería de imaxesEditar

    NotasEditar

    Véxase taménEditar

    Ligazóns externasEditar