Corrinoide
Os corrinoides son un grupo de compostos baseados no esqueleto da corrina [2], un sistema cíclico que contén catro aneis pirrol (tetrapirrol) similar ás porfirinas. Entre estes compostos están os baseados na octadeshidrocorrina, que ten o nome común de corrol.[3]

As cobalaminas (vitamina B12) son os membros máis coñecidos deste grupo. Outros exemplos salientables son o ácido cobirínico e a súa hexaamida ácido cobírico (ou cobirinamida) [4]; e o ácido cobínico e a súa hexaamida cobinamida; e o ácido cobámico e a cobamida.
Os compostos que conteñen o prefixo "Cob-" (e non corrina) son derivados con cobalto, e poden incluír no seu nome o seu estado de oxidación en números romanos, como, por exemplo, "Cob(II)alamina". Cando o cobalto é substituído por outro metal ou por hidróxeno, o nome cambia en consecuencia; por exemplo, ácido ferrobámico (con ferro) ou ácido hidroxenobámico (con hidróxeno).
NotasEditar
- ↑ Dorothy Crowfoot Hodgkin (1965-11-16). "The Structure of the Corrin Nucleus from X-ray Analysis". Proceedings of the Royal Society of London. Series A, Mathematical and Physical Sciences 288 (1414): 294–305.
- ↑ IUPAC Gold book Corrinoid
- ↑ "The Nomenclature of Corrinoids: Recommendations 1975". IUPAC-IUB Commission on Biochemical Nomenclature (CBN). 1975. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2012. Consultado o 03 de abril de 2012.
- ↑ Cobyric acid Definition Arquivado 02 de xuño de 2009 en Wayback Machine.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- MeshName - Corrinoids [1]
- "The Nomenclature of Corrinoids" at chem.qmul.ac.uk