Corpus Diacrónico del Español

(Redirección desde «Corpus diacrónico del español»)

O CORDE (acrónimo de Corpus Diacrónico del Español) é un corpus da Real Academia Española creado en 1994 para apoiar o estudo do castelán durante toda a historia da lingua.

En abril de 2005 [1] contaba con 250 millóns de formas. É unha ferramenta moi importante para documentar as palabras na lingua castelá, o seu uso e/ou perda do mesmo, a evolución do seu significado, primeira aparición, etimoloxía e, por suposto, para realizar o Diccionario Histórico del Español.

Notas editar

  1. "CORDE". Real Academia Española (en castelán). Consultado o 2022-06-24. 

Ligazóns externas editar