Abrir o menú principal
Coroa de marqués.

A corona de marqués é o timbre representativo deste título nobiliario.

Está composta por un cerco de metal precioso e pedrería decorado con catro floróns e catro ramos, compostos por tres perlas cada un. Floróns e ramos están situados sobre puntas elaboradas co mesmo metal que a base.

En España os marqueses que ostentan a dignidade de Grandes de España timbran os seus escudos coa coroa de duque forrada de veludo vermello, propia da grandeza.