Coroa de Liechtenstein

moeda de Liechtenstein de 1898 a 1921
Coroa de Liechtenstein †
Liechtenstein Krone en alemán
AHK 1 Krone 1898 obverse.jpgAHK 1 Krone 1898 reverse.jpg
1 coroa de 1898
(anverso)
1 coroa de 1898
(reverso)
Código:DKK
Ámbito:Liechtenstein Liechtenstein
Símbolo:Kr
Fracción:Heller.
Moedas:1, 2, 5, 10 e 20 coroas.
Billetes:10, 20 e 50 heller.
Emisor:
Taxa de troco:
1 coroa de Liechtenstein = 1 coroa austrohúngara

A Coroa de Liechtenstein (en alemán: Liechtenstein Krone; plural kronen) foi a unidade monetaria de Liechtenstein desde 1898 ata 1921, e estaba dividida en 100 heller, como moeda divisionaria. As moedas son raras, en tanto que os billetes son máis comúns.[1]

Liechtenstein usou a coroa austrohúngara e a coroa austríaca logo da disolución do Imperio Austrohúngaro en 1918, e logo adoptou o franco suízo en 1921, por mor da inestabilidade da coroa. A coroa de Liechtenstein definíase pola mesma cantidade de metais preciosos que a coroa austrohúngara e que a coroa austríaca.[1][2][3]

MoedasEditar

Cuñáronse moedas de prata de 1, 2 e 5 coroas, e moedas de ouro de 10 e de 20 coroas. Nalgúns dos valores, existen probas numismáticas datadas en 1898, aínda que o habitual é que as emisións regulares comezasen a estar datadas en 1900.[2][3]

As moedas da coroa de Liechtenstein cuñáronse na Casa da Moeda de Viena a nome do monarca Xoán II e foron deseñadas polo gravador Gustave Deloye.

Imaxe Denominación Emisión Aliaxe Diámetro/peso Tiraxes anuais
   
1 coroa [4]
1898
Prata

(835 mil.)

23 mm
5 g
125
   
1 coroa [5]
1900

1904

1910

1915
Prata

(835 mil.)

23 mm

5 g

50.000

75.000

50.000

75.000

   
2 coroas[6]
1912
1915
Prata

(835 mil.)

27 mm

10 g

50.000

37.500

   
5 coroas[7]
1898
1900
1904
1910
1915
Prata

(900 mil.)

36 mm

25 g

100

5.000

15.000

10.000

10.000

   
10 coroas[8]
1900
Ouro

(900 mil.)

19,5 mm

3,387 g

35

1.500

   
20 coroas[9]
1898
Ouro

(900 mil.)

21 mm

6,775 g

1.535

BilletesEditar

Artigo principal: Coroa austríaca.

Liectenstein utilizou os billetes da coroa austríaca entre 1919 e 1921, cando pasou a adoptar como propio o franco suízo. De xeito autónomo, só imprimiu papel moeda de emerxencia con denominacións de 10, 20 e 50 heller durante o ano 1920.[1][10][11]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Liechtenstein Currency". Mintage Woeld.
  2. 2,0 2,1 "The numismatic history of Liechtenstein Online". En Coins Weekly. 5 de setembro de 2018.
  3. 3,0 3,1 "Liechtenstein". En Monetary Sistems of the Principal Countries of the World. 1916. Tresaury Department. Washington. Páxinas 47-48.
  4. "1 coroa (1898)". Numista.
  5. "1 coroa (1900-1915)". Numista.
  6. "2 coroas (1912-1915)". Numista.
  7. "5 coroas (1898)" e "5 coroas (1900-1915)". Numista.
  8. "10 coroas (1898)" e "10 coroas (1900)". Numista.
  9. "20 coroas (1898)". Numista.
  10. "Liechtenstein banknotes: 1920". Colnet.com
  11. "Liechtenstein". Banknoteworld.com

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar