Abrir o menú principal

Cornoces, Amoeiro

Coordenadas: 42°24′47″N 07°58′30″O / 42.41306, -7.97500

Cornoces
Igrexa de San Martiño de Cornoces, Amoeiro.jpg
Igrexa de San Martiño de Cornoces.
ConcelloAmoeiro
Poboación253 hab. (2011)
Entidades de poboación6

San Martiño de Cornoces é unha parroquia do concello de Amoeiro, na comarca de Ourense, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 253 habitantes, dos cales 137 eran homes e 116 mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 265 habitantes.

PatrimonioEditar

A igrexa de San Martiño de Cornoces foi consagrada no ano 1200, sgundo consta nunha inscrición na fachada sur. Foi construída sobre un primitivo poboado castrexo. Na fachada ten un tímpano historiado con figuras, probablemente de San Martiño. A porta sur é sinxela e estreita. Sobre a cornixa da nave principal e da ábsida hai canzorros simples. Sobre o testeiro da ábsida álzase unha cruz antefixa coa respresentación de Cristo crucificado. A espadana é barroca con dous arcos de medio punto.
Xunto á igrexa está a casa reitoral, de planta rectangular e dúas alturas con muros de cachotaría de granito. O cemiterio esténdese arredor do templo. A igrexa aparece citada na novela Os camiños da vida, de Ramón Otero Pedrayo.

A capela de Santo Estevo, tamén chamada capela das Candelas, é unha construción baixomedieval, antiga igrexa parroquial. O seu adro era o antigo camposanto. Ten planta rectangular con peche de cachotería e pórtico con cuberta na entrada apoiada sobre dúas columnas de pedra de labra ruda. A porta é alintelada, e a cuberta a tres augas, de tella curva, e con cruz de pedra no cumio. Ten pequenas xanelas ou ventás tanto na fronte como nos laterais. No seu interior garda as figuras de Santo Estevo e das Candelas, esta de pedra en estilo románico asentada nun camarín dunha peza co neno no colo e coa lenda ERA CLII.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar