Corno anterior da medula

O corno anterior da medula, tamén chamado columna gris anterior, ou cornu, corno ou trompa ventral ou anterior da medula espiñal [1][2] [3]) é cada unha das dúas formacións de substancia gris (ou materia cincenta) da medula espiñal situadas á fronte do canal ependimario[4] [5]. É unha das tres columnas grises. O corno anterior da medula contén neuronas motoras que afectan aos músculos esqueléticos mentres que a columna gris posterior recibe información sobre o tacto e a sensación. A columna gris anterior é a columna onde se atopan os corpos celulares das neuronas motoras alfa.

1.- Corno anterior da medula. En latín Cornu anterius medullae spinalis

EstruturaEditar

 
A localización das neuronas motoras na columna gris anterior da columna vertebral
 
Sección da medula oblongata pola parte inferior da decusión das pirámides

O corno ou columna gris anterior, dirixido cara adiante, é ancho e de forma redondeada ou cuadrangular. A súa parte posterior chámase base e a súa parte anterior a cabeza, pero estas non se diferencian entre si por ningunha constrición ben definida. Está separado da superficie da medula espiñal por unha capa de substancia branca atravesada polos feixes das raíces nerviosas anteriores. Na rexión torácica, a parte postero-lateral da columna anterior proxéctase lateralmente como un campo triangular, que se denomina columna gris lateral.

Importancia clínicaEditar

Son estas células as que se ven afectadas nas seguintes enfermidades,- esclerose lateral amiotrófica, atrofia muscular espiñal e bulbar, enfermidade de Charcot – Marie – Tooth, atrofia muscular progresiva, todas as atrofias musculares espiñais, poliomielite e virus do Nilo Occidental.

Interacción farmacolóxicaEditar

A columna gris anterior é o obxectivo dalgúns medicamentos espasmolíticos. A liberación de noradrenalina aquí (como inducida pola ciclobenzaprina ) reduce os espasmos por innervación (reducindo a actividade nerviosa) das neuronas motoras alfa mediante a interacción coas fibras gamma . [6]

NotasEditar

  • Este artigo incorpora texto traducido da Wikipedia en inglés, do artigo Anterior grey column que á súa vez incorpora texto no dominio público da 20ª edición de Gray's Anatomy (1918), páx. 753.
  1. "Acepcións anatómicas de "corno" no Estraviz". 
  2. "MSD Manual Consumer Version" (en inglés). Merck Sharp & Dohme. Consultado o 2021-05-04. 
  3. "ventral horn". Britannica.com (en inglés). Consultado o 2021-05-04. 
  4. Médicos de Portugal, Glossário. "Corno anterior da medula (en portugués)". [Ligazón morta]
  5. TESTUT, L.; LATARJET, A. Tratado de anatomía humana. 4 V. (Tomo III). (en castelán) Barcelona, Salvat Editores S.A., 1983 p.197
  6. "Cyclobenzaprine". Consultado o 2021-11-21. 

Véxase taménEditar

  • Neurona motora alfa
  • Neurona motora beta
  • Neurona motor gamma