Cornelius (músico)
Cornelius (コーネリアス, kooneriasu), de nome real Keigo Oyamada (小山田圭吾),nado o 27 de xaneiro, 1969 en Setagaya, Toquio, é un artista e produtor xaponés, situado na posición 43 dos cens músicos máis importantes do Xapón segundo HMV.[1]
Keigo | |
---|---|
![]() Cornelius en 2007 | |
Nome completo | Keigo Oyamada |
Alias | Cornelius |
Data nacemento | 27 de xaneiro, 1969 |
Nado en | Toquio, Xapón |
Cónxuxe | Takako Minekawa |
Ocupación | Músico, Produtor, Vocalista |
Xénero | Shibuya-kei Indietronica Rock alternativo Art rock |
Instrumento(s) | Guitarra, Voz |
Selo(s) discográfico(s) | Trattoria Records, Warner Music Group, Matador Records , Everloving Records |
Relacionado con | Flipper's Guitar Takako Minekawa |
Na rede | |
Páxina oficial | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria Editar
Oyamada saltou a fama como membro do dúo de pop chamado Flipper’s Guitar, un dos grupos clave da escena de Shibuya-kei de Toquio. Despois da disolución do grupo en 1991, Oyamada púxose o alias de "Cornelius" e embarcouse nunha carreira en solitario.
Numerosos críticos americanos describen o estilo musical do artista como similar a de Beck, a quen recoñece como influencia xunto con The Beach Boys, The Jesus and Mary Chain, Primal Scream e banda brasileira Kassin + 2, xunto moitos outros.
A música de Cornelius podería describirse como experimental e exploratoria, xa que acotío incorpora elementos disonantes harmonicamente xunto a máis sons familiares e "agradables". Esta tensión, ademais da súa práctica de levar nos sons e os samples de cultura de masas, tons electrónicos puros, e os sons da natureza (como no seu álbum Point), levouno a ser categorizado como un "gusto adquirido".
Elixiu o seu pseudónimo en homenaxe ó personaxe do filme O planeta dos simios.
Discografía Editar
Álbums de estudio Editar
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The First Question Award | 1994 | Trattoria, Polystar |
69/96 | 1995 | Trattoria, Polystar |
Fantasma | 1997 | Trattoria, Polystar, Matador, Lefse |
Point | 2001 | Trattoria, Polystar, Matador |
Sensuous | 2006 | Warner Music Japan, Everloving |
Mellow Waves | 2017 | Warner Music Japan, Rostrum Records |
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- SEEN: Download Cornelius
- cornelius-sound.com - Páxina oficial (en xaponés e en inglés)
- corneliusjapan.com - Páxina semi-oficial (en inglés)
- Perfil en Nippop | Cornelius
- Páxina de Cornelius en Matador Records