Corey Brewer

baloncestista estadounidense

Corey Wayne Brewer, nado o 5 de marzo de 1986 en Portland, Tennessee, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 2,06 m, xogaba nas posicións de ala e escolta. Antes de ser elixido no Draft da NBA de 2007 polos Minnesota Timberwolves, Brewer formou parte dos Florida Gators, con quen conseguiu dous campionatos da NCAA.

Modelo:BiografíaCorey Brewer

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Corey Wayne Brewer Editar o valor en Wikidata
5 de marzo de 1986 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Portland, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Florida Editar o valor en Wikidata
Altura206 cm Editar o valor en Wikidata
Peso84 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porMinnesota Timberwolves Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Dallas Mavericks
Houston Rockets
Denver Nuggets
Minnesota Timberwolves
2004–2007 Florida Gators

Traxectoria

editar

Universidade

editar

Corey acudiu ao Portland High School en Portland, Tennessee, a súa cidade natal. Durante o seu ano sénior fixo unha media de 29,4 puntos e 12,8 rebotes por partido, sendo elixido tamén como McDonald's All American. Tras isto matriculouse na Universidade de Florida, onde certificou unha exitosa carreira de tres anos na NCAA. Logrou dous campionatos consecutivos, ademais de senllos títulos da Southeastern Conference (SEC). Na Final Four de 2007 foi designado MVP. Debutou na temporada 2004−05, facendo unha media de 7,5 puntos, 3,4 rebotes e 1,4 roubos por partido. O seu máximo en puntos conseguiuno fronte a Mississippi State nos Cuartos de Final do Torneo da Southeastern Conference (SEC).

Mellorou ostensiblemente no seu ano sophomore con 12,7 puntos, 4,8 rebotes e 3,3 asistencias por partido. De feito, rexistrou o primeiro triplo-dobre na historia dos Gators ao asinar 15 puntos, 10 rebotes e 13 asistencias fronte a Jacksonville. Fronte a Vanderbilt superou o seu tope en anotación con 26. Paseáronse na Final Four, primeiro derrotando a George Mason en semifinais 73-58 con 19 puntos de Corey, e despois 73-57 ante UCLA con 11 puntos. Foi incluído no Mellor Quinteto da Final Four e no 2º Mellor Quinteto da SEC.

Na súa última tempada en Florida, a 2006-07, reeditou título de NCAA. Na Final Four derrotaron a UCLA en semifinais, con 19 puntos de Brewer, e a Ohio State de Greg Oden na final. Fixo unha media de 13,2 puntos, 4,7 rebotes e 2,9 asistencias. Foi elixido MVP da Final Four, incluído no Mellor Quinteto da SEC e nomeárono Mellor Defensor da SEC. Finalizou a súa carreira con 198 puntos no torneo NCAA, récord até ese momento don Florida Gators. O 5 de abril de 2007, Brewer declarouse elixíbel para o Draft da NBA.

Brewer foi elixido por Minnesota Timberwolves no sétimo posto da primeira rolda do Draft de 2007. O 22 de febreiro de 2011 foi traspasado aos New York Knicks a cambio de Eddy Curry, Anthony Randolph e tres millóns de dólares. Aos poucos días foi cortado sen chegar a debutar e asinou con Dallas Mavericks, equipo co que conseguiu o anel de campión da NBA. O 13 de decembro de 2011, Brewer foi traspasado xunto con Rudy Fernández a Denver Nuggets a cambio dunha segunda rolda de draft.[1]

Brewer regresou aos Timberwolves o 12 de xullo de 2013, asinando un contrato por tres anos e 15 millóns de dólares. Con todo, o 19 de decembro de 2014 foi traspasado aos Houston Rockets nun acordo entre tres equipos que involucrou aos Philadelphia 76ers e aos Timberwolves. O 3 de xullo de 2015 obtén un novo contrato cos Houston Rockets por 3 anos máis e 24 millóns de dólares.

  1. "Nuggets acquire Brewer, Fernandez from Mavericks". NBA.com (en inglés). 13 de decembro de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar