Os nódulos ou nós[1] das cordas vocais[2], nódulo vocal[3] ou cordite tuberosa[3] en patoloxía, son hiperqueratoses do tecido das cordas vocais. É unha lesión sólida e elevada de máis de 1 cm de diámetro. Adoita estar ben delimitado e de orixe epitelial ou conxuntival. Os nódulos distorsionan ou impiden o movemento natural das cordas vocais ao falar ou cantar en voz baixa. Afecta especialmente ao movemento da capa mucosa da corda vocal que produce a voz de falsete.

Nódulo nas cordas vocais
Nódulo telanxiectásico en corda vocal dereita, visto mediante microlaringoscopia.
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Etioloxía

editar

Os nódulos fórmanse por un uso inadecuado ou excesivo da voz (cantar cunha presión subglótica esaxerada, nun ambiente ruidoso, en recentemente nados chorando durante horas, entre outros casos). A medida que se xeran nódulos vocais, o timbre vocal escurece e o cantante perde a capacidade de cantar en piano. Tamén o vibrato cambia con frecuencia da onda complexa á onda de glote.[4]

Cadro clínico

editar

Os signos clínicos frecuentes do nódulo vocal son a afonía e a disfonía, que impiden a produción de sons vocais 'normais'. Os nódulos vocais son máis comúns en nenos e mulleres maiores de 20 anos.

Tratamento

editar
 
Aspecto histolóxico da lesión nodular das cordas vocais

O tratamento dos nódulos vocais consiste na economía da voz, cambio de técnica vocal e, ás veces, require intervención cirúrxica nas cordas vocais[5].


  1. "bUSCatermos; nó". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-06-14. 
  2. "bUSCatermos; cordas vocais". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-06-14. 
  3. 3,0 3,1 "Nódulo; nódulo vocal. p 513" (PDF). Dicionario galego de termos médicos. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de novembro de 2021. Consultado o 14 de xuño de 2022. 
  4. "Los nOdulos, enfermedad profesional de la voz" (PDF) (en castelán). Consultado o 17 de febrero de 2019. 
  5. Cervantes, Onivaldo; Abrahão, Márcio. O nódulo vocal: conceptos actuais. Rev. Su. med. otorrinolaringol; 2(1):12, 14, 16-7, Xan. 1995.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Martinssen - Lohmann, Franziska (1988). Der wissende Sänger. Zürich: Atlantis. 3-254-00032-3.  Páxs. 370-1.

Ligazóns externas

editar