Cordal do Atlas

(Redirección desde «Cordilleira do Atlas»)

O Cordal do Atlas é un sistema montañoso que percorre os estados norteafricanos de Tunisia, Alxeria e Marrocos, actuando de barreira entre o mar Mediterráneo e o deserto do Sáhara. O seu punto máis alto é o monte Toubkal, con 4.167 metros de altitude, situado ao suroeste de Marrocos.

Situación do cordal do Atlas (en vermello).

A súa formación foi consecuencia da colisión entre as placas africana e euroasiática durante a oroxenia alpina, na era cenozoica.

Obras artísticas como o filme Mimosas (Óliver Laxe, 2019) ou o libro No colo do Atlas. Contos de Marrocos de Richard Hughes, traducido ó galego por R. Tato Plaza en 1989 (Xuvenil Alfaguara), teñen lugar nas súas paisaxes.