Abrir o menú principal

Gaio azul

(Redirixido desde "Coracias garrulus")
Gaio azul
Adulto
Adulto
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Coraciiformes
Familia: Coraciidae
Xénero: Coracias
Especie: C. garrulus
Nome binomial
'Coracias garrulus'
Linnaeus, 1758
Subespecies
  • C. g. garrulus
  • C. g. semenowi

O gaio azul,[2] ou rolieiro[3] (Coracias garrulus) é a única especie de paxaros da familia dos Coraciidae que habita en Europa. Esténdese desde a Península Ibérica e Marrocos no oeste ata Asia Oriental. É unha especie migratoria de longa distancia, hibernando no sur de África.

En Galiza é rara, e aparentemente vese nos pasos prenupciais en maio e máis intensamente no posnupcial de agosto-setembro.

Adoita habitar en lugares de clima tépedo ou cálido coa presenza de árbores. É un paxaro mediano dun tamaño entre 29–32 cm de media e unha envergadura de 52–58 cm coas ás estendidas. A súa cor é azul co lombo marrón. Frecuentan zonas arboradas e chairas abertas, onde se alimentan principalmente de insectos, aínda que en ocasións complementan a súa dieta con lagartos e ras.

Esta especie destaca no seu voo pola súa brillante cor azul que contrasta coas plumas negras das ás. Os dous sexos son similares, pero os xoves presentan unha cor máis clara que os adultos.

O canto deste paxaro é unha sucesión rápida de cantares curtos, similar a un instrumento infantil que provoca un ruído semellante ao dunha carraca, aínda que en ocasións parece cantar como un corvo común.

Acostuman aniñar nas árbores ou entre os penedos, e a posta consiste entre 4-6 ovos.

Distribución en verán e inverno
Coracias garrulus

NotasEditar

  1. BirdLife International (2012). "Coracias garrulus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 
  3. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar