Copa Suramericana

(Redirección desde «Copa Sudamericana»)

A Copa Suramericana é a segunda competición continental de fútbol a nivel de clubs en Suramérica. Organizada pola Conmebol, comezou a disputarse en 2002.

O equipo que gaña a Copa Suramericana acada o dereito a disputar a Recopa Suramericana fronte ó campión da Copa Libertadores.

Diferenzas entre Copa Libertadores e Copa Suramericana editar

As diferenzas entre a Copa Libertadores e a Copa Suramericana son as seguintes:

  • A Copa Libertadores dispútase no primeiro semestre do ano, e a Copa Suramericana no segundo semestre do ano.
  • A Copa Libertadores ten unha fase de grupos como a Liga de Campións da UEFA, que da paso a uns oitavos de final, mentres que a Copa Suramericana ten o mesmo formato que a Copa do Rei española, polo tanto non hai grupos, e dende o comezo ata a final todo son eliminatorias directas.
  • Na Copa Libertadores compiten os mellores equipos de cada liga, mentres que na Copa Suramericana compiten os seguintes mellores equipos de cada liga. Por exemplo, cada ano van á Copa Libertadores o 1º, 2º e 3º da liga peruana, mentres que o 4º, 5º e 6º va á Copa Suramericana. En outras ligas como a de Venezuela ou Colombia, clasifícase para a Copa Suramericana o campión do torneo nacional de copa.
  • Na Copa Libertadores cada país membro da Conmebol clasifica a 3 equipos, menos a Arxentina e o Brasil que clasifican a 5. Na Copa Suramericana cada país clasifica a 3 equipos, menos a Arxentina que clasifica a 6 equipos, e o Brasil que clasifica a 8.

Palmarés editar

Finais da Copa Suramericana
Tempadas CAMPIÓN Resultados Subcampión
2013   Lanús 1-1 e 2-0   Ponte Preta
2012   São Paulo 0-0 e 2-0   Tigre
2011   Club Universidad de Chile 1-0 e 3-0   LDU Quito
2010   CA Independiente 0-2 e 3-1 (5-3)   Goiás EC
2009   LDU Quito 5-1 e 0-3   Fluminense FC
2008   SC Internacional 1-0 e 1-1   Estudiantes LP
2007   Arsenal de Sarandí 3-2 e 1-2   C América
2006   CF Pachuca 1-1 e 2-1   Colo-Colo
2005   CA Boca Juniors 1-1 e 1-1 (4-3)   UNAM Pumas
2004   CA Boca Juniors 0-1 e 2-0   C Bolívar
2003   CS Cienciano 3-3 e 1-0   CA River Plate
2002   San Lorenzo de Almagro 4-0 e 0-0   CDC At.Nacional

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar