Copa Galiza de Rugby 2010

A Copa Galiza de Rugby 2010 foi a 22ª edición da Copa Galiza na modalidade de rugby. A competición disputouse entre o 17 de abril do 2010 e o 22 de maio do mesmo ano (día no que se celebrou a final). Esta edición contou coa participación de 12 equipos das distintas categorías do rugby, tanto de Galiza como do Estado español. O campión foi o Vigo RC, que conseguiu o seu 12º título na súa historia nesta competición, e o 5º gañado de xeito consecutivo.

Equipos participantes editar

(1) Equipos clasificados directamente para os cuartos de final.

(2) Equipos que xogaron a fase de clasificación (Primeira Fase).

Primeira Fase editar

Os equipos da Liga Galega de Rugby tiveron que superar unha Fase Previa que consistiu nunha eliminatoria a partido único entre os seis representantes desta competición. Os emparellamentos e os seus resultados foron os seguintes:

Lugar e data sen especificar.
CR Ferrol 20 C.R. Fendetestas 32
Lugar e data sen especificar.
Mareantes R.C. 12 C.D. Zalaeta 52
Lugar e data sen especificar.
Vigo R.C. "B" 22 Muralla R.C. 10

Clasificáronse C.R. Fendetestas, C.D: Zalaeta e Vigo R.C. "B" ao gañaren cadansúas eliminatorias.

Fase Final editar

O cruzamento de cuartos fíxose por sorteo entre os equipos directamente clasificados e os dous equipos da Primeira Fase clasificados.

Cuartos de final Semifinal Final
                   
25 de abril, Pereiro Aguilar (Monterrei)        
 Ourense R.C.   3
8 de maio, Lagoas Marcosende (Vigo)
 Vigo R.C. "A"   97  
 Vigo R.C. "A"   33
24 de abril, Nemenzo (Santiago)
   C.R. Lalín   0  
 C.R. Fendetestas   3
22 de maio, Manuel Anxo Cortizo (Lalín)
 C.R. Lalín   33  
 Vigo R.C. "A"   67
24 de abril, Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa)
   Club de Rugby Arquitectura Técnica   0
 Ingleses R.C.   24
2 de maio, A Malata (Ferrol)
 C.D. Zalaeta  32  
 C.D. Zalaeta   9
24 de abril, Lagoas Marcosende (Vigo)
   C.R.A.T.   12  
 Vigo R.C. "B"   3
 C.R.A.T.   43  


O Vigo RC gañou o torneo anotando 197 puntos en total e recibindo tan só 3 puntos en contra (no primeiro partido fronte ao Ourense R.C.) en tres partidos, conseguindo non encaixar ningún punto nin nas semifinais fronte ao Lalín nin na final contra o C.R.A.T..