Copán

Sitio arqueolóxica da civilización maia

Copán é un lugar arqueolóxico da civilización maia que se atopa no departamento de Copán, no oeste de Honduras, non moi lonxe da fronteira con Guatemala. Foi a cidade capital dun gran reino do período clásico entre os séculos V e IX. A cidade atopábase no extremo sueste da rexión cultural mesoamericana, limitando coa rexión cultural do itsmo colombiano, e estaba case toda rodeada por pobos non maias.[1] Neste val fértil hoxe hai unha pequena vila duns 3000 habitantes, un pequeno aeroporto e un camiño.[2]

Modelo:Xeografía físicaCopán
(es) Copán Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCopán Ruinas, Honduras (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 14°50′17″N 89°08′33″O / 14.837964, -89.142442
Características
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 15,095 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → América Latina-Caribe
Data1980 (4ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iv) e (vi) Editar o valor en Wikidata
Identificador129

Copán estivo habitada por máis de dous mil anos, dende o período preclásico temperán até o posclásico. A cidade desenvolveuse cun estilo escultural distintivo dentro da tradición maia das terras baixas, quizais para salientar a etnicidade maia dos gobernantes da cidade.[1]

A cidade contén un rexistro histórico que abrangue gran parte do período clásico e que foi reconstruído en detalle por arqueólogos e epígrafos.[1] Copán foi unha cidade poderosa que gobernaba un amplo reino dentro da área sur maia.[3] A cidade sufriu un gran desastre político no ano 738, cando Uaxaclajuun Ub'aah K'awiil, un dos meirandes reis da historia dinástica de Copán, foi capturado e executado polo seu antigo vasalo, o rei de Quiriguá.[4] Esta inesperada derrota significou un hiato de 17 anos na cidade, e durante este tempo Copán puido ter intercambiado os papeis con Quiriguá.[5]

Unha parte significativa da zona leste da acrópole foi erosionada polo río Copán, aínda que o río foi desviado para protexer o sitio contra un maior dano.[1]

Crese que o nome antigo de Copán era Oxwitik (/oʃwitik/), que significa "tres witiks", aínda que o significado da palabra witik é descoñecido.[6][7]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Sharer & Traxler 2006, p.339.
  2. Adam Risius 1999.
  3. Sharer & Traxler 2006, pp.339, 476.
  4. Martin & Grube 60012, pp.203–205. Looper 2003, p.76. Miller 1999, pp.134–35.
  5. Martin & Grube 2000, pp.206–207.
  6. Stuart 1996.
  7. Stuart and Houston 1994, pp. 23, 25.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar