Benvido(a) á Galipedia, YolyYcy!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 12:23, 26 de marzo de 2012 (UTC)

Benvido(a) YolyYcy. Desfixen a túa edición no artigo Gian Lorenzo Bernini porque en galego labor é masculino a diferenza do castelán no que é feminino. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:56, 26 de marzo de 2012 (UTC)

Hola YolyYcy. Son Álvaro. Xa ves que os administradores están pendentes de nós. Por certo, movín o saúdo que escribiras na páxina de usuaria de Patri, porque non debe ir colocado na súa páxina de usuaria senón na de conversa. Apertas. --AArizaga (conversa) 09:37, 27 de marzo de 2012 (UTC)

Entroido de Meira editar

Ola, Yoly! Movín o artigo que creaches a Entroido de Meira, xa que é un artigo sinxelo e unívoco. Amais, dinlle algo de formato, corrixín algúns erros ortográficos e dinlle categoría. Agora falta facer un artigo sobre os bailes de madamas e galáns que se celebran en diversas zonas das comarcas do Morrazo e o Ulla.

Graciñas polas colaboracións!! Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:16, 23 de maio de 2012 (UTC)

Orixe descoñecida editar

 
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:MG 0008a.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:MG 0008a.jpg, cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outras imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes.--. HombreDHojalata.conversa 07:25, 2 de xuño de 2012 (UTC)